Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DEBUXO PREMIADO DO CONCURSO -FOMENTA A RECICLAXE 2015- NA GUARDA

O cartel gañador formará parte da nova campaña do Concello da Guarda para sensibilizar aos veciños arredor dos valores da reciclaxe

Debuxo premiado da autoría de Martina Rodríguez Rodríguez de 1ºESO do Colexio PP Somascos

Fecha: 07 de Febrero de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O concurso de debuxo FOMENTA A RECICLAXE é unha iniciativa do Concello da Guarda para fomentar entre os máis pequenos a recollida do lixo nas casas, con especial atención aos residuos sólidos urbanos e os aceites domésticos. Ademais de lembrar da importancia de depositar correctamente as bolsas de lixo dentro dos contedores preparados para cada obxecto.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente queremos agradecer a participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos seguintes colexios: Colexio de PP Somascos, CEIP A Sangriña, Colexio San José, CEIP As Solanas e IES A Sangriña. Tamén a nosa gratitude cos membros do xurado que formaron parte nesta edición: Marian Álvarez Rodríguez, Pilar Pérez Campo e Jorge Alonso Daldea.

Despois das oportunas deliberacións, os membros do xurado decidiron outorgar o premio a:

Martina Rodríguez Rodríguez 

Pseudónimo: "Clorofila" 

Curso: 1ºESO 

Colexio: PP Somascos

O próximo mércores, 11 de febreiro, farase a entrega do premio a gañadora no Colexio PP Somascos que consiste nun diploma e un vale nominativo por valor de 100€ para realizar compras en librerías ou comercios da localidade. Os seus compañeiros de clase recibirán agasallos conmemorativos do concurso.

O cartel gañador formará parte da nova campaña do Concello da Guarda para sensibilizar aos veciños arredor dos valores da reciclaxe, iniciándose coa colocación do debuxo premiado ao carón dos contedores distribuídos pola localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones