Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DEGUSTA EUROPA CHEGA ESTE MÉRCORES Ó MERCADO DA GUARDA

Este mércores, día 11 de maio de 11 a 12 horas da mañá, terá lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica

Este mércores, día 11 de maio de 11 a 12 horas da mañá, terá lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica

Fecha: 10 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este mércores, día 11 de maio de 11 a 12 horas da mañá, terá lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica de pratos elaborados con produtos típicos da zona polo profesorado e alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Degusta Europa", que busca promover a gastronomía Europea a través dunha serie de actuacións para conmemorar o Día de Europa. Simbolízase así a unión entre os diferentes pobos mediante a gastronomía como manifestación cultural.

Con este obxectivo, un grupo de profesorado e alumnado voluntario dos centros educativos públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo encargaranse de comprar produtos das Rías Baixas nos mercados municipais de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda e, aí mesmo e ó estilo dun show cooking, elaborar pratos específicos para cada lugar, típicos de diferentes países europeos, que poderán ser degustados.

Dende O Concello da Guarda convídase a todos os que o desexen a asistir dende primeira hora da mañá para ver cómo se preparan os pratos e poder probar despois o resultado final, no que se inclúen as seguintes elaboracións: sopa de melón con Oporto texturizado, xoubas fritidas con tempura de millo, xarda lañada con brotes tenros, rissoto de mexillóns con tella de queixo parmesano e hamburguesas de porco.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones