Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Depuradora na Raia! Carta aberta aos alcaldes de Baiona e Oia.

Lamentamos profundamente, a falta de política ambiental no Partido Popular e que esta falta de política ambiental, provoque a división entre alcaldes do mesmo partido, tentando confundir aos veciños.

Lamentamos profundamente, a falta de política ambiental no Partido Popular e que esta falta de política ambiental, provoque a división entre alcaldes do mesmo partido, tentando confundir aos veciños.

Fecha: 04 de Febrero de 2019

Fuente: Movemento Oia

Desde Movemento Oia (En Marea), dirixímonos mediante esta carta aberta ao alcalde de Baiona, Angel Rodal do Partido Popular, e por extensión á alcaldesa de Oia "que non e capaz de defender os intereses de oia ante o rexidor de Baiona.", para indicarlles que se equivocan de estratexia ao non admitir a conexión do saneamento de Oia, á depuradora de cabo Silleiro.

Lamentamos profundamente, a falta de política ambiental no Partido Popular e que esta falta de política ambiental, provoque a división entre alcaldes do mesmo partido, tentando confundir aos veciños.

Dicimos que se equivoca o Alcalde de Baiona porque tirar contra de Oia, non significa beneficiar a Baiona, a falta de saneamento eficiente en Oia, afecta o mar e polo tanto a todo un sector, debemos de lembrar ao Sr. Alcalde onde traballan as percebeiras de Baiona, gran parte da súa zona atópase nas costas do municipio de Oia, ás que denega acceso a saneamento. Gran parte da pesca de baixura de Baiona tamén se realiza no mesmo litoral. Gran parte dos habitantes e turistas de Oia, visitan e compran en Baiona.

Os problemas de peaxe da AG57 afectan tanto os cidadáns de Baiona como aos de Oia e así poderiamos seguir, en numerosos intereses comúns.

A oferta turística non se debe de interpretar como competidora senón complementaria. Pois as praias están en Baiona e Nigrán. Por tanto, non mellorar a salubridade do mar, sabendo que a corrente mariña vai cara ao norte, non beneficia a ninguén, nin sequera a Baiona.

Por iso é polo que non entendemos as posicións do rexedor de Baiona. As actuais deficiencias da depuradora de cabo Silleiro, afectan enormemente os veciños de as Mariñas, o cheiro da depuradora no verán, afecta o camiño de Santiago portugués dá costa e vai para Oia. Polo que en lugar de denegar o acceso ao saneamento a Oia, ten o señor alcalde unha boa escusa para pedir xunto co Concello de Oia, unha mellora da infraestrutura como se fixo en Vigo.

Como se vai a querer instalar un centro de turismo no faro, que podería ser compartido por ambos os concellos. Cando a depuradora emite fedor insoportable e funciona mal.

Seria necesario, non só unha mellora da depuradora, senón unha colaboración entre concellos para a recuperación de todo a contorna de cabo Silleiro, incluídas as ruínas das instalacións militares para que Silleiro sexa un atractivo turístico máis destas fermosa costas, pois xa temos unha boa publicidade cando se anuncia no tempo na televisión.

En lugar de solicitar á Xunta melloras para a zona, peléxanse entre eles por causas alleas á súa competencia. Dóenos, que a única política que se é capaz de realizar é a de buscar unha confrontación entre veciños, en lugar dunha cooperación, cando está en xogo mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns.

Desde Movemento Oia (En Marea), ofrecémonos ao dialogo e á sensatez e prantexamos solucións para a veciñanza e non para os intereses particulares.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones