Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda

Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso

Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso

Fecha: 12 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.

Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.

Novas temáticas e datas
Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.

O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.

"Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.

O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.

Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
 

 

RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":

 

1- Familias centradas en solucións

A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.

 

2- Educar en intelixencia emocional

Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.

 

3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas

Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.

 

4- Maneiras creativas de resolver conflitos

Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.

 

DATA
 HORA TEMA 
RELATOR/A

17 outubro

martes

19:30-21:00

"Familias centradas en solucións"

Esteban Figueirido

Psicólogo

14 novembro

martes

19:30-21:00

" Educar en Intelixencia emocional"

Mª Jesús Núñez

Psicóloga

28 novembro

martes

19:30-21:00

"O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"

Esteban Figueirido

12 decembro

martes

19:30-21:00

"Maneiras creativas de resolver conflitos"

Esteban Figueirido

 

 


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones