Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Dispoñibles no Centro Cultural da Guarda as entradas para os espectáculos culturais de balde da vindeira semana

Trátase de dúas citas que serán de balde, pero debido a que as prazas son limitadas é necesario recoller os tickets previamente no Centro Cultural.

Trátase de dúas citas que serán de balde, pero debido a que as prazas son limitadas é necesario recoller os tickets previamente no Centro Cultural.

Fecha: 24 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A última semana do ano 2016 trae á Guarda diversas actividades de lecer e tempo libre. Entre esta numerosa oferta para amenizar os últimos días do ano, destacan os espectáculos culturais que acollerá o Centro Cultural. Trátase de dúas citas que serán de balde, pero debido a que as prazas son limitadas é necesario recoller os tickets previamente no Centro Cultural.

Por tanto a partir de hoxe xa se poden recoller as entradas par acudir ós dous espectáculos da vindeira semana, que para que sexan válidas é preciso chegar cando menos cinco minutos antes das funcións, e así evitar as aglomeracións.

Un destes espectáculos terá lugar o vindeiro xoves 29 de decembro e leva por nome "Historia dun ilusionista", o novo espectáculo do "MAGO RAFA", que dará comezo ás 17'30 horas.

Tamén se poden recoller xa no Centro Cultural as entradas para a obra de teatro "O que hai que ver" a cargo de Fulano, Mengano e Citano que se representará o próximo venres día 30 de decembro ás 21 horas. Esta obra conta en clave de sátira, unha serie de historias actuais, próximas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un cóctel que provocará a risa segura dos asistentes.

Dende a Concellería de Cultura desexan que estes espectáculos sexan de interese para todos os veciños e veciñas da Guarda, e que contribúan a amenizar unhas festas tan sinaladas, sobre todos para os pequenos e pequenas da casa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí