Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Educación oferta ao IES A Sangriña na guarda a formación de FP dual para poder manter o Ciclo de Carrocería

O xefe territorial analizou esta posibilidade esta mañá coa dirección do centro despois de coñecer que os informes de Inspección son desfavorables para manter o ciclo ante a falta de demanda

O xefe territorial analizou esta posibilidade esta mañá coa dirección do centro despois de coñecer que os informes de Inspección son desfavorables para manter o ciclo ante a falta de demanda

Fecha: 30 de Junio de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión coa dirección do IES A Sangriña da Guarda co obxectivo de ofrecerlle a FP Dual como solución para poder manter o ciclo de Carrocería.

Na reunión tamén estiveron presentes responsable de Inspección educativa así como técnicos expertos na FP Dual.

O ano pasado, o ciclo xa non contou co primeiro curso, xa que tan só se matriculou un alumno. No segundo curso, dos sete que se matricularon tan só cinco concluíron os estudos. Esta foi a razón pola que, dende Inspección, emitiuse un informe desfavorable para o mantemento do ciclo ante a falta de demanda de alumnado.

O director do IES A Sangriña, durante a reunión, asegurou que para o próximo curso sí se haberían presentado varios alumnos interesados, así como tamén, existe interese por parte das empresas da comarca na formación deste tipo de profesionais.

Ante este feito, o xefe territorial trasladoulles a posibilidade de implantar neste centro a FP Dual, para o que "o instituto tería que confirmar que existen empresas que se comprometen a participar na formación dos alumnos, que deben facer, dentro deste tipo de formación profesional, prácticas durante todo o curso nalgunha firma da comarca".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones