Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN RECORDA QUE INVESTIU PRETO DE 700.000 EUROS NOS CENTROS EDUCATIVOS DA GUARDA

Tamén recordou Pérez Ares que a xefatura territorial asume o mantemento do IES da localidade, onde se ren investido nestes anos 371.000 euros

Tamén recordou Pérez Ares que a xefatura territorial asume o mantemento do IES da localidade, onde se ren investido nestes anos 371.000 euros

Fecha: 04 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Consellería de Cultura e Educación recorda o seu compromiso coa educación pública do concello de A Guarda, o que queda plasmado nos case 700.000 euros investidos nos centros de Primaria e Secundaria dende o ano 2009.

Os centros da localidade víronse beneficiados de diversas reformas destacado a instalación de fontanería, a reposición da cuberta e da reforma da instalación eléctrica do CEIP Manuel Rodríguez Sinde; a reforma eléctrica e dos aseos da planta baixa e primeira planta do colexio A Sangriña; a reforma da instalación eléctrica e a reparación de estructuras do CEIP As Solanas, así como a instalación eléctrica da Escola Infantil das Gándaras.

Tal e como asegurou o xefe territorial, todos os centros educativos da localidade son coñecedores destes investimentos, "algúns deles executados a raíz da falta de mantemento dos colexios, labor que compete ao concello, entre outros o canlón do Manuel Rodríguez Sinde, que se atopa deteriorado a causa da falta de limpeza, tal e como consta no informe da Unidade Técnica".

Tamén recordou Pérez Ares que a xefatura territorial asume o mantemento do IES da localidade, onde se ren investido nestes anos 371.000 euros, tanto na reposición da cuberta do pavillón e da zona de talleres, como da instalación eléctrica dos obradoiros e da rede de datos do centro.

Pérez Ares insistiu en que o concello, e en concreto o concelleiro de Educación, debe destinar tamén fondos propios para o mantemento dos colexios, asi como tamén é coñecedor de que o pavillón da Solana que se atopa anexo ao colexio do mesmo nome é un edificio municipal, construído nunha parcela municipal, e executado a través de diversas subvencións ao longo do tempo. "Agora é o momento de que prioricen o cambio da cuberta e mellora desta instalación a través deste novo plan provincial", explicou o xefe territorial quen recordou que este pavillón é usado en horario lectivo polos alumnos do centro e tamén polo resto de veciños e asociacións deportivas.

Dende a Xefatura Territorial pregúntaselle ao concelleiro de Educación de A Guarda, Antonio Lomba, cantos fondos municipais pensa destinar a investimentos de mellora dos centros educativos do concello, "xa que nos últimos anos a súa colaboración foi escasa alegando recortes orzamentarios", e se lle recorda que a administración autonómica non só ten que atender aos centros educativos de Primaria senón tamén asumir o mantemento e mellora do instituto da localidade.

Pérez Ares rematou recordándolle ao concelleiro de Educación que no ano 2006 xa se lle solicitou ao Goberno autonómico do Bipartito varias obras que non foron asumidas póla administración autonómica e que, sen embargo, foron posteriormente postas en marcha pola presente Xefatura Territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones