Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Elefantes de papel doará 1? a Conrazones por cada exemplar vendido

O libro componse de 52 relatos cortos en galego e castelán.

O libro componse de 52 relatos cortos en galego e castelán.

Fecha: 04 de Enero de 2018

Fuente: Conrazones

Elefantes de papel é unha aventura que ten por obxectivo o que todas as aventuras, pasalo ben, gozar do camiño. Naceu o 15 de outubro coa idea de publicar os relatos que Berto e mais eu levamos escritos e aí comezamos a soñar.

A primeira opción que se nos pasou pola cabeza foi a de subilos a Amazon, pero a cousa foi a máis e decidimos facelo ben: correxilos, retocalos, levalos a imprenta, buscar alguén que nolos ilustrara...a cabeciña non para.

O libro componse de 52 relatos cortos en galego e castelán. A idea de facelo bilingüe débese ao feito de que Berto escribe habitualmente en castelán e eu en galego e pareceunos que o máis coherente era manter esa liña. En calquera caso a día de hoxe temos pensado que cada relato vaia nos dous idiomas, para que a xente decida como prefire lelo. A temática é moi variada e apta para o público xuvenil e adulto.

Somos conscientes tamén de que as ilustracións nun libro son moi importantes e por iso decidimos contar con Humberto Ademar Farias Iglesias, un rapaz moi novo pero todo un fenómeno por descubrir tanto pola boa man que ten para o debuxo como pola perspectiva dende a que ve o mundo. Falamos con el e aí o temos rompéndolle a cabeza cos debuxos.

Decidimos autopublicar sobre todo por unha razón: queriamos vivir o proceso dende o principio, traballalo pola nosa conta. Elefantes de papel non é un libro ao uso; todo ten as súas peculiaridades e os seus porqués... a idea, como che digo, non está formulada para sacarlle rendemento (que será benvido, se chega) con cubrir gastos estamos conformes e por iso podémonos permitir certas licencias que doutro xeito non serían viables. E o caso de doar un euro por exemplar vendido a Conrazones. Coñecemos de primeira man o traballo que levades a cabo e como cremos que non se debe vivir mirando para outro lado consideramos que a nosa obriga moral é colaborar dalgún xeito coa xente que se implica. Falamos con Piño que deseguida se puxo en contacto coa directiva e ás poucas horas xa tiñamos o visto bo. Do mesmo xeito, falamos coa ONCE para pasalo a Braille e de entrada pareceulles unha boa idea e andamos argallando outras sorpresas que sairán en breve.

Para promocionalo abrimos unha páxina en Facebook que leva ese mesmo nome ,Elefantes de papel, coa imaxe simbólica da cabeza dun elefante feito nunha técnica similar ao origami que para nós significa moito, e cada día publicamos un estado informando das novidades, deixando un anaquiño dalgún relato ou propoñendo ideas para que a xente participe e a verdade é que non nos podemos queixar porque leva menos dun mes aberta e xa pasa dos 200 seguidores. Consideramos que a promoción é esencial e por iso vos animamos a que sigades a páxina e a compartades ou se preferides vos poñades en contacto con nós a través da dirección de correo electrónico elefantesdepapel26@gmail.com


O feito de publicar implicou moito máis que poñerse a escribir ou recopilar textos. Berto e eu levamos escribindo dende cativos. O ano pasado fixemos algúns cursos coa escritora Clara do Roxo e alí entramos en contacto con este mundo. Participamos en certames, asistimos a presentacións, recitais, entrega de premios, etc.e cando o vimos claro dimos o paso. A verdade é que estamos moi ilusionado co proxecto e a xente que coñece a nosa escrita animounos a facelo. Agora é o público o que ten que falar. Gustaríanos telo nas librerías para o Nadal, pero non vai depender unicamente de nós. En calquera caso, como che digo imos colgando as novidades na páxina de Facebook.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones