Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Empresarios de A Pasaxe en Camposancos(A Guarda) reclaman melloras nas infraestruturas de comunicación

É unha situación que xa supón un problema para un particular, canto máis para unhas empresas deste tamaño.

É unha situación que xa supón un problema para un particular, canto máis para unhas empresas deste tamaño.

Fecha: 24 de Marzo de 2017

Fuente: Infomiño.com

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, visitaron este venres 24 de marzo a empresa Mecalia para reunirse con representantes das empresas da zona de A Pasaxe en Camposancos, que demandan melloras nas  infraestruturas de comunicación existentes na zona.

 

Neste encontro, no que se reuniron con representantes dos Estaleiros Joaquín Castro, da empresa Suministros Navais Santa Tecla e de Mecalia, expúxose a problemática que teñen debido ás deficiencia nas comunicacións tanto de transmisión de datos como de telefonía, cunha velocidade real na súa conexión que é moito menor á contratada e cunha telefonía móbil que non chega a 3G. É unha situación que xa supón un problema para un particular, canto máis para unhas empresas deste tamaño.

Ante esta situación tanto o Alcalde da Guarda como o Presidente da Cámara de Comercio de Tui amosaron a súa completa disposición para buscar unha solución, o máis rápido posible, a un grave problema que impide que as empresas podan desenvolver con normalidade a súa actividade diaria.

Na reunión decidiuse, a proposta do Presidente da Cámara de Comercio e co total apoio do Alcalde, contratar un técnico experto que a vindeira semana realice un un estudio e diagnóstico completo da problemática e que poda explorar as posibilidades e asesorar na busca de solucións. Tras este diagnóstico, nos próximos días, volveranse a reunir para valorar o informe do técnico, decidir cal é a mellor solución e poñela en marcha canto antes para que estas empresas conten cunhas comunicacións acordes ao seu tamaño e aos tempos que corren.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí