Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENCONTRO DE ÁNGEL BAZ, CANDIDATO DO BNG-AA, COAS ENTIDADES DEPORTIVAS DA GUARDA

Unha boa planificación, deportes alternativos e escolas deportivas municipais eixos fundamentais no programa sobre deporte do BNG-AA

Unha boa planificación, deportes alternativos e escolas deportivas municipais eixos fundamentais no programa sobre deporte do BNG-AA

Fecha: 25 de Abril de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, tivo un encontro coas diferentes entidades deportivas do concello de cara a coñecer as necesidades, proxectos e manifestar a importancia do deporte na Guarda.
Dende o BNG-AA valorouse positivamente os resultados da reunión, cunha alta coincidencia na análise da situación pola que pasa o deporte de base, senior e de elite na nosa localidade: como a falta de infraestruturas, o coidado das actuais, os horarios de utilización, ...
A formación nacionalista amosou un apoio firme ao deporte guardés en todas as súas facetas, especialmente ao deporte de base como eixo vertebrador do deporte na localidade.
"No BNG-AA queremos de cambiar de modelo. Temos que realizar unha boa planificación do deporte guardés aproveitando as posibilidades que hai para os deportes alternativos sen esquecer as disciplinas que fixeron grande a Guarda", comentou Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda.
Para o BNG-AA é necesario a realización dun plan de traballo para o mantemento e creación de novas infraestruturas, así como ver a posibilidade de estabelecer relacións con entidades privadas para que poñan a disposición do concello instalacións deportivas neste intre infrautilizadas.
Dende o BNG-AA entendemos que o deporte tamén debe ser un motor económico, recoñecendo que as actividades deportivas que se celebran no concello atraen a numeroso público de fóra que dinamiza a economía local.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones