Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Entrega de agasallos do sorteo de -tapearte a guarda 2016- e dos diplomas do concurso á mellor tapa

Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa

Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa

Fecha: 12 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este luns, día 11 de xullo, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a entrega dos agasallos ós participantes da ruta "Tapearte A Guarda 2016" gañadores do sorteo celebrado o pasado xoves entre todos os que lograron selar, polo menos, 12 das 20 tapas que formaron parte da ruta gastronómica.

Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa. Ademais tamén deron suxestións para mellorar, aínda máis, esta ruta en vindeiras edicións.

Os premiados no sorteo foron:

Reloxos:
1- Mingos Portela
2- Luis Edu Castro
3- Edna Patricia Moreira
4- Juan Carlos Ozubko
5- Montse Pereira

Baterías portátiles:
1- Melita Dorna
2- Beatriz Estévez

Set de viños:
1- Lucía Lomba
2-Jose Pérez
3- Ada Estévez
4- Afonso Rodríguez
5- Jose Antonio Gil

Despois de dar os agasallos do sorteo procedeuse á entrega do diploma ó vencedor do concurso á Mellor Tapa, que recibiu a votación máis alta dada polos participantes, que foi para o restaurante La Pizzicata. Tamén recibiron cadanseu diploma os establecementos con maior número de votos, quedando empatados Alameda, Anabel e La Pizzicata.

Dáse así por concluída unha nova edición da ruta gastronómica "Tapearte A Guarda", que cada ano vai ampliando a súa duración, a calidade das tapas e, sobre todo, a xente que se achega para probar as marabillas da cociña guardesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones