Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Entremans Cia presenta este venres en Tui -Gaia-

É un espectáculo para público familiar sobre o planeta Terra

venres, 16 de novembro, ás 20h

Fecha: 16 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

"Gaia" é o título do espectáculo para público familiar que este venres, 16 de novembro, ás 20h Entremans Cia presenta no Teatro Municipal de Tui.
A través da voz e a danza, e cunha óptica moi visual, as bailarinas Kirenia Celia Martínez e Estefanía Gómez nos achegan ao planeta Terra, e á interacción entre as persoas e o medioambiente.

Ao longo de 50 minutos Entremáns Cia presenta unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audivisual nos axudan a entender a intensidade, o poder e beleza do noso planeta e os seus tesouros. É unha proposta para público infantil e familiar a partir dos 3 anos.

As entradas para a función deste venres están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes, ao prezo de 4€ a entrada xeral, 3€ a entrada infantil e para os que teñan dereito a desconto por posuír o carné da biblioteca municipal, carné xove, carné de estudante, familia numerosa, carné de discapacidade, desempregado ou xubilado.

A compañía de danza Entremáns creouse en 2006 en Galicia cunha filosofía de traballo grupal, na que a creación e a dirección artística se realizan en colectivo. Combinan as súas producións con labores formativas, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas. Dende o seus inicios teñen producido unha ducia de espectáculos e ten participado en festivais nacionais e internacionais en Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, ou Hungría. Entremans ten no seu haber distintos galardóns coma os primeiros premios do Certamen Coreográfico de Burgos-New York e do Certame de Creación Coreográfica de Galicia en 2006, o primeiro Premio da Crítica e o do público no Certame Coreográfico de Madrid en 2008, entre outros.

Entremáns Cia con "Gaia"

• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Data: Venres, 16 de novembro, ás 20h.
• Entradas á venda: en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes
• Prezos: 4€ e 3€
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones