Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista a Roberto Carrero: A Guarda avanza con paso firme hacia un futuro turístico y sostenible

El alcalde de A Guarda aborda en una entrevista exclusiva en Infomiño los principales proyectos urbanísticos, turísticos y los retos del municipio

El alcalde de A Guarda aborda en una entrevista exclusiva en Infomiño los principales proyectos urbanísticos, turísticos y los retos del municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Abril de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Guarda vive un momento clave marcado por importantes proyectos urbanísticos, turísticos y de dinamización económica. Desde la peatonalización de espacios céntricos hasta nuevas infraestructuras o la apuesta por un modelo turístico sostenible, el Concello avanza en diferentes líneas estratégicas que marcarán el futuro del municipio.

En este contexto, Infomiño.com entrevista en exclusiva al alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, para conocer de primera mano el estado de las principales actuaciones, los retos del municipio y su visión de futuro.

Entrevista

1. Alcalde, el Concello está ejecutando actualmente varias actuaciones relevantes. ¿En qué punto se encuentran las obras de peatonalización de la calle Rosalía de Castro, en el entorno Alameda–Campo de Fínola?

Como todos os guardeses e guardesas poden comprobar as obras xa están comezadas e a moi bo ritmo para antes do verán poder desfrutar deste novo espazo. Que ademais de supoñer unha renovación exterior, tamén haberá unha renovación da canalización.

2. ¿Qué objetivos persigue el gobierno municipal con esta intervención a nivel de movilidad, seguridad y dinamización comercial?

Está claro que pola localización deste espazo, a seguridade e mobilidade vanse ver claramente melloradas na zona. Trátase dun espazo con gran afluencia de crianzas e familias e que agora estarán máis protexidos do tráfico rodado, cos perigosos balóns que podían acabar na estrada. Ademais, amplíase considerablemente o espazo de paso, xa que coa configuración anterior as beirrarúas eran moi estreitas e un simple carriño de bebé xa bloqueaba o paso de peóns no sentido contrario. Deste xeito, facilítase a circulación de peóns nesta rúa que conecta o centro da vila con espazos como o Centro de Saúde, o Centro Cultural ou o colexio e instituto da Sangriña, así como con Camposancos.

3. Otro proyecto destacado es la zona de autocaravanas en la Atalaya del Puerto. ¿Qué supondrá esta infraestructura para el turismo en A Guarda?

Suporá un salto de calidade neste turismo crecente das autocaravanas, así como unha organización do mesmo, cun espazo propio impulsando a convivencia do turismo coa cidadanía. Hai que resaltar que non só será unha zona de autocaravanas, xa que tamén haberá unha zona de aparcamento de vehículos e un espazo para o ocio e descanso das persoas.

4. En relación con la senda PO-352 hacia el Monte Santa Tecla, ¿qué avances se han producido y qué plazos maneja el Concello?

A senda da PO-352 ao redor do Monte Santa Trega segue os prazos que a Xunta está manexando, é dicir, sacar a licitación no primeiro trimestre deste ano, e despois, seguir os procedementos e prazos que se requiren para antes de final de ano comezar as obras que durarán uns 9 meses, entre os dous tramos implicados.

5. ¿Cuál es el estado actual del proyecto de la salida Sur del Puerto y qué importancia estratégica tiene para el municipio?

Este proxecto existe e está realizado pola Deputación de Pontevedra. Estamos en busca de financiamento, xa que aínda que o Concello ten unha partida reservada con este fin, o proxecto ascende a grandes cifras que fan necesaria a busca de financiamento. A súa importancia reside na súa futura capacidade para evacuar o fluxo de tráfico que existe da zona do centro cara a saída de Camposancos, ademais de que determinados vehículos poidan baixar ao porto sen dificultade.

6. Las obras en el Colexio Sinde son otra actuación muy esperada. ¿Cómo avanzan y qué mejoras concretas aportarán a la comunidad educativa?

Estas obras estanse realizado paulatinamente, dándolle cobertura ás necesidades que van tendo. Ademais, estamos negociando coa Xunta de Galicia, neste caso, coa Consellería de Educación para que vaian coa maior brevidade posible.

7. El Concello ha impulsado un proyecto de dinamización comercial. ¿Qué balance hace y cuántas nuevas altas de locales se han registrado o se prevén en 2026?

O balance é moi positivo, xa que emprender nunca é sinxelo e ás veces, hai moitos medos no inicio, así que como alcalde quero dar ese pulo inicial de apoio para que toda a cidadanía coñeza os novos comercios que ten á súa disposición na nosa vila. Desde logo que os novos emprendedores amósanse moi agradecidos por esta campaña polo impacto que pode chegar a ter. Polo momento séguese nun ritmo similar ao ano anterior entre novas licenzas e cambios de titularidade, así que a final de ano agardamos rondar de novo as 35 licenzas.

8. Dentro de los proyectos turísticos, A Guarda está trabajando en el marco del PSTD. ¿Qué actuaciones están en marcha y cómo reforzarán el posicionamiento del municipio?

Dentro do PSTD da Guarda, agora estanse deenvolvendo varios proxectos, neste caso de obras. A peonalización da rúa Rosalía de Castro e a rehabilitación da zona da Atalaia atópanse dentro dos proxectos do PSTD. Ademais, outro dos proxectos será a iluminación artística do dique norte do porto e do Museo do Mar. Estes proxectos tentan mellorar a mobilidade e potenciar os espazos da Guarda, como a zona da Atalaia ou a Alameda, tanto para os guardeses como para quen nos visita.

9. ¿Qué papel juegan las oficinas de turismo en esta nueva estrategia y se contemplan mejoras o cambios en su funcionamiento?

As oficinas de turimso seguen tendo un papel importante, aínda que o número de persoas que acuden a ella descenden. Hai unha tendencia cada vez maior a optar polos recursos web para descubrir os puntos de interese do municipio que se visita.

10. El estado del Río Miño preocupa a sectores como la pesca. ¿Cuál es la posición del Concello respecto a la sedimentación en la desembocadura y los daños causados por los temporales?

É un tema moi preocupante, desde logo, xa que os danos causados por este inverno especialmente duro non os agardaba ninguén. Foron moitas xornadas con borrascas de alto impacto de xeito continuo e que ocasiounou que estivéramos durante máis dun mes en alerta continua no mar e unhas chuvias que ocasionaron o desaguamento das presas.
Os danos son importantes, sobre todo, no acceso á praia do Muíño, así como na zona da terraza e dos apartamentos do hotel.
A posición do Concello non variou, xa solicitáramos un dragado do río e un estudio pormenorizado de que clases son os diferentes fluxos e sedimentos do río para poder realizar a evacuación correcta. Non é só unha demanda deste goberno, senón que de varios alcaldes, xa que o río Miño ten catro problemáticas habituais: o dragado, as especias forestais invasoras, as especies piscícolas invasoras e apertura de comportas.
Polo momento, seguimos agardando unha reunión para que o Ministerio ou alguén do Ministerio nos reciba. Os alcaldes das ribeiras do Miño imos realizar accións contundentes en conxunto para que se nos faga caso.

11. ¿Se están manteniendo conversaciones con otras administraciones para abordar esta problemática de manera conjunta?

Como dicía, compartimos con moitos dos municipios da ribeira do Miño, tanto dun lado como doutro do río, esta problemática, pero polo momento non recibimos ningún tipo de resposta por parte do Ministerio.

12. Este año las Festas do Monte se coorganizan con la Asociación Almirante do Mar Oceana. ¿Qué novedades traerá esta colaboración?

As Festas do Monte teñen unah identidade propia, desde logo e o noso propósito é manter a alegría nuns días tan especiais para toda A Guarda. Como novidades esta colaboración está buscando retomar aquelas tradicións que se foron perdendo e tamén impulsar as actividades culturais. Polo momento, estamos traballando para sacar a diante unhas festas marcadas no calendario de toda a cidadanía guardesa.

13. Más allá de los proyectos ya en marcha, ¿qué otras iniciativas estratégicas tiene previstas el gobierno municipal para los próximos años?

Como encaramos o último ano de lexislatura, as próximas iniciativas estratéxicas anunciaranse para o próximo mandato dentro da campaña electoral de 2027.

14. ¿Cuál es su visión de futuro para A Guarda en términos de desarrollo urbano, económico y turístico?

Este equipo de goberno aposta por un turismo sostible e de calidade, poñendo en valor o noso patrimonio natural, histórico e gastronómico, e dando a coñecer A Guarda máis aló das nosas fronteiras. Cada iniciativa, cada proxecto e cada mellora ten un obxectivo claro: que os visitantes nos descubran pero, sobre todo, que toda a cidadanía guardesa se sinta aínda máis orgullosa do noso pobo. Este é un lugar único para vivir, visitar e gozar.

15. ¿Qué mensaje le gustaría trasladar a los vecinos y vecinas sobre el momento que vive actualmente el municipio?

A Guarda avanza con paso firme, orgulloso da súa identidade e consciente de todo o seu potencial. Estamos traballando para mellorar os nosos servizos, reforzar a cohesión social e, moi especialmente, para situar á Guarda no lugar que merece: como un referente turístico, cultural e patrimonial en Galicia.

 

Desde Infomiño.com queremos agradecer al alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, su disposición y cercanía al atender esta entrevista en exclusiva, compartiendo con nuestros lectores la actualidad y los retos de futuro del municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí