Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Érguete Baixo Miño convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria para o 24 de abril

A entidade social convoca ás súas persoas asociadas á Asemblea Xeral Ordinaria 2025, que terá lugar no seu local social en A Guarda. No encontro abordaranse aspectos clave como contas, memoria de actividades e o plan de traballo para o novo ano.

A entidade social convoca ás súas persoas asociadas á Asemblea Xeral Ordinaria 2025, que terá lugar no seu local social en A Guarda. No encontro abordaranse aspectos clave como contas, memoria de actividades e o plan de traballo para o novo ano.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Abril de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Asociación Érguete Baixo Miño vén de anunciar a convocatoria da súa Asemblea Xeral Ordinaria 2025, que terá lugar o vindeiro xoves 24 de abril no seu local social situado na rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador, 1º piso) da vila da Guarda.

A xuntanza está prevista para as 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, coa participación de todas as persoas socias como principais protagonistas do encontro anual máis relevante da entidade.

A orde do día inclúe seis puntos fundamentais para o funcionamento interno da asociación:

  1. Aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de 2024.

  2. Aprobación, se procede, das contas anuais do exercicio 2024.

  3. Aprobación, se procede, do orzamento económico para o exercicio 2025.

  4. Aprobación, se procede, da memoria de actividades de 2024.

  5. Aprobación, se procede, do plan de traballo para 2025.

  6. Rogos e preguntas.

Dende a Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño fan un chamamento á participación activa das persoas asociadas, destacando a importancia de implicarse nas decisións e na planificación do futuro da entidade, que leva anos sendo referente en acción social na comarca.

Para calquera dúbida ou aclaración, a asociación pon á disposición os teléfonos 986 61 44 07 e 640 086 376, así como o correo electrónico info@erguete.org.

A organización agradece de antemán a colaboración na difusión da convocatoria, coa vontade de garantir unha ampla participación e fortalecer o vínculo entre a entidade e a súa base social.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí