Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Érguete Baixo Miño pon en marcha o programa Cambio de Sentido, nas principais autoescolas da Comarca do Baixo Miño

Trátase dunha iniciativa dirixida aos mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18-25 anos e que se atopan preparando para sacar o carné de conducir.

Trátase dunha iniciativa dirixida aos mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18-25 anos e que se atopan preparando para sacar o carné de conducir.

Fecha: 17 de Julio de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante os meses de xullo e agosto, porase en marcha o programa Cambio de Sentido, sobre prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, de maneira gratuíta, nas principais autoescolas da Comarca.

Trátase dunha iniciativa dirixida aos mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18-25 anos e que se atopan preparando para sacar o carné de conducir.

O taller desenvolverase polo persoal técnico cualificado, co que conta a Asociación, nas dúas autoescolas de A Guarda, autoescola Miño e autoescola Eli's, así como tamén na autoescola Tomiño. Atópase financiado pola subvención da Consellería de Sanidade así como pola cota dos socios e socias.

Algúns do principais obxectivos do programa son, incrementar a percepción de "vulnerabilidade persoal" na xuventude, derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol ou outras drogas así como tamén promover actitudes e condutas máis seguras e responsables na condución.

E de maneira máis específica, reforzar a motivación para evitar o uso do vehículo cando se superen as taxas máximas de alcoholemia permitidas.
Segundo a DXT (Dirección Xeral de Tráfico) no balance de accidentes ocorridos nas vías españolas durante o ano 2017, as distraccións, a velocidade inadecuada, o cansazo e o sono, o alcohol e outras drogas son os principais factores que aparecen nos accidentes mortais ou graves.

Desde Érguete Baixo Miño invitamos a que calquera persoa que teña dúbidas sobre condutas aditivas, precise axuda ou información na materia, veña ás nosas instalacións en r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) A Guarda, que será atendida polo persoal laboral técnico cualificado en prevención de condutas aditivas de maneira gratuíta.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí