Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Ernesto Iglesias Almeida presenta este venres en Tui o seu novo libro -Dicionario de palabras galegas antigas-

Será ás 20 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de -Tui en Letras-

Será ás 20 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de -Tui en Letras-

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

O xoves, 12 de maio, ás 20 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do novo libro do investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade, titulado “Dicionario de palabras galegas antigas, moitas delas en desuso, tomadas de documentos medievais”.

No acto contarase coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do historiador Xosé Manuel Suárez, xunto ao propio autor.  

Nesta obra o cronista oficial tudense recolle ata 481 palabras tomadas dos documentos, principalmente de época medieval, que enriquecen o coñecemento do noso pasado e moi especialmente da nosa lingua, e que son deste xeito rescatadas e conservadas. Como sinala Xosé Manuel Suárez no limiar desta obra: Ernesto Iglesias “ven darnos unha potente achega documental; realizada coa pericia, a paciencia e a persistencia do ourive, traballando ouro en filigrana”.

Este novo libro de Ernesto Iglesias completa a súa inxente achega á historia da cidade de Tui e ao territorio tudense ao que ten dedicado máis dunha vintena de libros e innumerables artigos de investigación en revistas especializadas e divulgativas.

Esta actividades forma parte do programa, que baixo a denominación “Tui en letras”, promove o Concello tudense para a dinamización cultural e lingüística ao longo dos meses de maio e xuño, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí