Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Esgotadas as 50 prazas da segunda sesión do programa -Visitas Cruzadas- no Museo de Pontevedra

O director de cinema Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago serán os encargados guiar ás persoas participantes o vindeiro domingo

A cantante Uxía Senlle e a actriz Isabel Risco inauguraron onte a primeira sesión

Fecha: 09 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Tras abrirse o prazo de inscrición en apenas dúas horas esgotáronse as 50 prazas para participar na sesión do vindeiro domingo de "Visitas Cruzadas". Trátase da segunda xornada deste programa especialmente deseñado para dar a coñecer as coleccións do Edificio Sarmiento e do Sexto dun xeito diferente ao habitual e da man de diversos persoeiros do eido cultural galego. O vindeiro domingo as persoas que exercerán de ‘guías ocasionais' serán o director de cinema Jorge Coira e o xornalista e blogger Manuel Gago.

Hai que lembrar que cada xornada inclúe dous itinerarios diferentes de 30 minutos de duración, e cada un deles correspondente a unha persoa que exerce de ‘guía ocasional'. Cada unha destas dúas persoas comeza o seu itinerario guiando a un grupo de 25 participantes e ao cabo da media hora, os participantes de cada grupo cambian de guía. (E a persoa guía volve facer o itinerario co seguinte grupo). Ao final da segunda media hora, ambos grupos e ambas persoas guía re-encóntranse na planta superior do Sexto, zona terraza, onde se servirá un petisco de cortesía que funcionará como espazo de intercambio de opinións de xeito distendido. O horario destas visitas será de 12h a 13:30h.
 



Este programa foi inaugurado na xornada de onte pola cantante Uxía Senlle e pola actriz Isabel Risco, e tamén se estreou con todas as prazas cubertas. De feito, ampliouse o número de participantes ata 60 persoas de xeito excepcional, por tratarse da primeira das sesións. "Esta boa acollida por parte do público reafírmanos na nosa idea de que temos un Museo tan rico e tan diverso na súa colección permanente que se presta a multitude de formatos para achegalo ao público" asegurou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, en referencia ao éxito deste programa. O obxectivo de "Visitas Cruzadas" é o de achegar as obras do Museo de Pontevedra a través das emocións e das experiencias persoais das persoas que exercen de ‘guías ocasionais', unha fórmula que Leal cualificou como "moi acaída para conseguir que moita xente que non ve o Museo como un lugar accesible se achegue nunha primeira experiencia e que funcione como aperitivo dunha visita posterior". O deputado de Cultura e Lingua tamén valorou moi positivamente o feito de que na primeira das sesións o grupo participante estivera composto por persoas de todas as franxas de idade e procedentes tanto da cidade de Pontevedra como doutros lugares da provincia.

Castelao, música e muller
A Sala Castelao do segundo andar do Sexto Edificio foi o lugar escollido por Uxía Senlle e Isabel Risco para "cruzar" os seus percorridos e dar paso ao cambio de grupo. Un cruzamento no que Isabel Risco amosou unha careta orixinal realizada por Castelao para a obra "Os vellos non deben de namorarse" pertencente á súa familia, e aproveitou para comparalas coas tres que se exhiben no Museo. "Como vedes as que están nas vitrinas están restauradas, máis coidadiñas, e locen moito mellor aspecto que a que eu teño" asegurou a actriz. Risco leu ademais o prólogo da obra nunha primeira edición tamén pertencente á súa familia. Pola súa banda, Uxía Senlle foi a encargada de exercer de mestra dun coro improvisado, no que todas e todos os presentes cantaron un fragmento de "Lela".

Ambas guías coincidiron en centrarse na autoría feminina dos fondos pictóricos do Sexto Edificio, como unha forma de reivindicar as dificultades das mulleres no mundo da arte en épocas anteriores. De feito Isabel Risco rematou o seu particular percorrido diante da obra "Cabeza de muller negra" de Maruja Mallo improvisando unha performance na que ía explicando a vida da pintora e falaba da obra en concreto ao tempo que se ía maquillando ao "estilo Maruja Mallo". A actriz comezara o seu percorrido no Edificio Sarmiento, no "Tesouro de Agolada", e continuou por obras como o "Retablo de San Acacio os dez mil mártires do Monte Ararat", ou "As pitas" de Carmen Babiano Méndez-Núñez.

Uxía Senlle, pola súa banda, fixo especial fincapé entre determinadas obras da colección e a súa relación coa música. Comezou coa obra "Festa galega" de Fernando Álvarez de Sotomayor, que representa unha romaría tradicional, para poñer en valor a memoria musical do pobo galego. Foi ante esta obra, onde a cantante botou a súa primeira peza acompañada unicamente da súa pandeireta. A sala dedicada ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga foi a que acaparou o espazo máis destacado do seu percorrido. Uxía explicou a importancia de Quiroga na súa época, o éxito que acadou na súa carreira e como esta se truncou aos 46 anos cando foi vítima dun accidente, un atropelo en Times Square en New York despois dun concerto. Tras este accidente, Manuel Quiroga deixa de tocar pero dedícase á caricatura e ao debuxo, dos que o Museo ten unha importante colección que poden verse na sala dedicada ao violinista. A cantante tamén pasou polos denominados "renovadores da pintura galega", Laxeiro, Colmeiro, Souto, Seoane ou Maside, e por parte da colección de pintura de arte contemporáneo do último andar do Sexto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones