Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A ALAMEDA DE A GUARDA ACOLLEU UNHA NOVA EDICIÓN DE A GUARDA DOCE

Entre os postos se encontraron os doces máis tradicionais e tamén vangardistas das confeiterías

Este evento ofreceu unha programación moi variada.

Fecha: 01 de Junio de 2015

Fuente: Infomiño.com

Esta pasada fin de semana celebrouse na Alameda da Guarda a segunda edición de "A Guarda Doce". Este evento, que tivo como obxectivo promover e comercializar doces e sobremesas de diferentes establecementos da comarca de Baixo Miño e do distrito de Viana en Portugal, nun espazo fora do común, ofreceu unha programación moi variada.

Apertura

A apertura oficial do evento contou coa intervención do alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas acompañado polo Presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves, e o concelleiro de Cultura de A Guarda, Antonio Lomba. 

Variedade de stands e productos

Entre os postos se encontraron os doces máis tradicionais e tamén vangardistas das confeiterías Estévez e Rogelio, a panadería Morales e a pastelería Alameda, da Guarda e as pastelerías Camipâo e Petinga Doce e a repostería Lanhelas, de Portugal. Tamén estiveron representadas as tendas "Comercio Xusto", "Esencia" e "Terra Verde", ademais dos postos de cervexa "Menduiña" e "Saramagal" e o stand de productos gourmet de Carne Mía. 

Actividades programadas

Durante a xornada do Sábado os nenos e nenas gozaron de xogos inchables, animación na rúa e dun obradoiro de pintura. Ademais amenizaron o día a música da "Academia de Música Fernandes Fâo" e o grupo "Pretty Shirts".

Ademais dos diferentes postos de doces, as moitas actuacións musicais e os distintos obradoiros, tamén se organizaron dous concursos gastronómicos.

O primeiro deles, que tivo lugar o domingo estivo dirixido ós nenos e nenas. Esta actividade consistíu na decoración dunha galleta con diferentes materiais que lles entregaron as monitoras. A finalidade foi que os rapaces desenvolvesen a súa creatividade e xogasen coa imaxinación.

Por outra banda os adultos puideron mostrar as súas dotes culinarias no concurso de rosquillas para afeccionados.

Na xornada do Domingo, nos arredores o evento contouse cunha exposición de bicicletas clásicas e cun obradoiro de fotografía minutera. A música viu a cargo do grupo "Fiddle Loop & Jose Stewart" e "Alén do Son"

Incidencias por mor do vento

Na xornada do Sábado tivo lugar unha pequena incidencia por mor dunha forte ráfaga de vento que levantou no aire unha das págodas dun stand, sendo necesaria a presenza da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, que requeriron a actuación do GES de A Guarda para a retirada da págoda afectada, afortunadamente todo quedou nun pequeno susto.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 30 Maio 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d / Xiaomi Redmi Hongmi II
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones