Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Atención ao Cliente centrou a formación de Fátima Rodríguez en -Comercio Innova Plus-

A través desta píldora formativa repasáronse algunhas das ferramentas e estratexias innovadoras que utilizan tanto grandes como pequenas empresas para captar, fidelizar e mellorar a experiencia cos seus clientes

A través desta píldora formativa repasáronse algunhas das ferramentas e estratexias innovadoras que utilizan tanto grandes como pequenas empresas para captar, fidelizar e mellorar a experiencia cos seus clientes

Fecha: 23 de Enero de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O Concello da Guarda continúa coas actividades do programa formativo "Comercio Innova Plus", dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde.

O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», que se realizou na Casa dos Alonsos da Guarda a cargo da poñente Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, quen posúe unha ampla experiencia como formadora en habilidades comunicativas e atención ao cliente. Dende fai case 4 anos dirixe o seu propio proxecto profesional a través de Talentea, unha consultoría de proxectos ubicada en A Guarda.

A través desta píldora formativa repasáronse algunhas das ferramentas e estratexias innovadoras que utilizan tanto grandes como pequenas empresas para captar, fidelizar e mellorar a experiencia cos seus clientes, e analizouse de que xeito o pequeno comercio podería aplicalas á súa realidade e casuística concreta.

Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre «Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe» a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.

Estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.

Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.

No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre «Utilización Práctica de Instagram», e «Utilización Práctica de Facebook», rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.

"Comercio Innova Plus" conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A través desta píldora formativa repasáronse algunhas das ferramentas e estratexias innovadoras que utilizan tanto grandes como pequenas empresas para captar, fidelizar e mellorar a experiencia cos seus clientes

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones