Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A celebración do Día das Letras Galegas marcou a fin de semana na Guarda

A Guarda celebrou a pasada fin de semana o Día das Letras Galegas con diferentes propostas entre as que destacaron un concerto para escolares, un festival musical e o prato forte coa Festa das Letras.

A Guarda celebrou a pasada fin de semana o Día das Letras Galegas con diferentes propostas entre as que destacaron un concerto para escolares, un festival musical e o prato forte coa Festa das Letras.

Fecha: 21 de Mayo de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A Guarda celebrou a pasada fin de semana o Día das Letras Galegas con diferentes propostas entre as que destacaron un concerto para escolares, un festival musical e o prato forte coa Festa das Letras.

A programación de actividades arrancou o pasado mércores día 15 de maio cun concerto escolar no que participaron máis de 700 alumnos e alumnas de primaria dos centro de ensino da vila. O Concerto realizouse no Auditorio de San Bieito a cargo de «A Banda das Apertas» con Magín Blanco, unha actividade incluída no Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Na xornada do xoves 16 de maio o Centro Cultural da Guarda foi o escenario da actividade «O Galego na Guarda, Unha lingua con futuro?» organizada por Xuliva en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña e o Concello da Guarda.

O Venres 17 de maio tivo lugar un festival folclórico coa participación de tódolos grupos da Guarda e se entregaron os premios ós gañadores do concurso de relato e debuxo organizado pola Agrupación Cultural Guardesa realizando ademais un desfile dende a Alameda da Guarda ata o Auditorio de San Bieito.

Sen dúbida algunha a actividade que centrou a celebración das Letras Galegas na Guarda foi a Festa das Letras, que tivo lugar na xornada do pasado domingo na Praza do Reló e que contou entre a súa programación e actividades con venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas «Superlector», un stand con publicacións municipais, actuacións en directo, xogos populares e un sorteo final.

Ás 11:30h máis dunha trintena de rapaces e rapazas participaron no Contacontos «A detective peregrina», que correu a cargo de Polo Correo do Vento, seguido dunha sesión de vermouth musical con «Roger de Flor» e o monólogo de Gil.

Xa pola tarde celebráronse varios xogos populares con carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, no que participaron nenos e nenas da vila.

Unha das actuacións máis animadas chegou ás 18:00h co espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a cargo de Xoan Curiel e Charo Pita, unha posta en escena que non deixou a ninguén indiferente.

Xa como broche final desta Festa das Letras 2019 na Guarda ás 20:00h Vero Rilo e Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas), realizaron ante os asistentes un traballo onde voz narrada e cantada contaron historias recollidas no noso entorno baixo o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón.

Ao longo desta xornada de domingo foron moitos os que se achegaron ata a Praza do Reló para gozar da ampla programación de actividades e mercar libros, tamén os máis cativos que participaron no xogo de pistas «Superlector». Para rematar realizouse un sorte de agasallos, nos que se incluíron varias publicacións, resultando premiados os números 1117 e 735, premios entregados no momento.
 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A Guarda celebrou a pasada fin de semana o Día das Letras Galegas con diferentes propostas entre as que destacaron un concerto para escolares, un festival musical e o prato forte coa Festa das Letras.

 

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones