Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - A exposición -Así Somos- descubre A Guarda e aos seus veciños dun xeito diferente

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da Exposición fotográfica -Así Somos-

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da Exposición fotográfica -Así Somos-

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, dende o punto de vista de un artista Francés, afincado na Guarda dende fai uns 4 anos.

No acto de presentación contouse cunha breve actuación da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda para dar comezo as intervencións do Alcalde, Antonio Lomba, e da Concelleira de Cultura, Elena Baz. Nas súas intervencións Elena Baz dixo que "As fotografias reflexan a sociedade guardesa, a mirada allea dun artista francés" e Antonio Lomba adiantou que "A idea desta exposición é unha homenaxe a un traballo dun artista e á xente que sae reflexada nas súas fotografías"

Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila, os seus oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espírito desta proposta. A maiores, unha proxección recolle máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.

Unha representación costumista e popular, a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival na Guarda e a cal se convida a todos a asistir.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da Exposición fotográfica -Así Somos-

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí