Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - A exposición sobre as Marcas dos Pescadores inaugúrase en Póvoa de Varzim

A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

Fecha: 05 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado martes día 3 de xullo de 2018 o Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim acolleu a exposición sobre as Marcas dos Pescadores, un nexo común entre os homes e mulleres do mar da Guarda e de Póvoa de Varzim.

A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

Neste acto de inauguración participaron, por parte da Guarda, Joaquín Cadilla, presidente da Asociación Piueiro e unha representación deste colectivo, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio e unha representación do colectivo mariñeiro da vila. Por parte da Cámara de Povoa de Varzim, Luís Diamantino Carvalho Batista, Vicepresidente da Cámara de Póvoa de Varzim, Maria Lucinda Campos Amorim Ramos Sousa Delgado, Vereadora de Turismo, así como as comisarias da exposición, que forman parte do Museo.

Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizouse unha tertulia na que participaron máis de medio cento de persoas, onde se intercambiaron experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, descubriuse unha vez máis a forte vinculación existente entre estes dous municipios.

As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega, as súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou de distinción, compartindo as marcas coma un nexo histórico-cultural común.

A Exposición Marcas dos Mariñeiros visitará A Guarda a partires do vindeiro 22 de setembro, enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí