Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ABRE Ó PÚBLICO O CASTELO DE SANTA CRUZ

Un novo espazo público de máis de 20.000 metros cuadrados de superficie

Fecha: 07 de Diciembre de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

 

 

 

 

 

O pasado Venres día 6 de Decembro de 2013 tivo lugar na Guarda o acto de apertura ó público do Castelo de Santa Cruz, un emblemático espazo de máis de 20.000 metros cruadrados ubicado no centro da vila e que conta dende o ano 1995 coa catalogación de BIC(Ben de Interese Cultural).

No recinto levouse a cabo unha profunda reforma que fixo que o Castelo de Santa Cruz sexa dende hoxe unha visita obrigada para todos os guardeses e o turismo en xeral. Destaca a reconstrucción parcial de parte das murallas exteriores e interiores do Castelo, creación de zonas axardinadas e camiños realizados con xabre, que facilitan a visita e disfrute deste marabilloso espazo.

Aínda que estaba prevista a realización dun Centro de Interpretación das fortalezas transfronteirizas do Miño no interior do Castelo, e malia que as obras do mesmo se iniciaron no ano 2005, paralizándose posteriormente, este espazo foi víctima de diferentes actos vandálicos que imposibilitarán telo en funcionamento este ano, pero existe un compromiso da Xunta de Galicia para tentalo por en funcionamento durante o vindeiro ano, co que se acadará aínda unha maior difusión e promoción, tanto do Castelo coma do pobo de A Guarda en Xeral.  

No acto de apertura contouse coa presenza de diversas persoalidades do mundo da política, e da sociedade en xeral da comarca do Baixo Miño, encabezando o discurso de apertura o Xefe do Servizo de Coordinación da Área de Cultura de Pontevedra, Sr. José Manuel González González e o alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas. O acto foi presentado por Manuel Santos.

A historiadora do CSIC Rebeca Blanco foi a persoa encargada de realizar a primeira visita guiada ós presentes neste acto, explicando os pormenores históricos dos diferentes espazos presentes nesta fortificación.

Co fin de divulgar a Historia deste xigante, oculto durante algo máis de 150 anos a varias xeracións de guardesas e guardeses, o concello da Guarda organiza un programa de visitas guiadas gratuítas destinadas ó público en xeral os fins de semana (sábados e domingos) ás 12.00 durante o mes de decembro. A primeira delas será o sábado día 7. Tamén se pon a disposición dos centros escolares públicos e concertados da localidade un programa de visitas nos días laborables no horario que mellor se adapte ós intereses dos centros. No mes de xaneiro e febreiro de 2014 complementaranse as actividades divulgativas sobre a fortaleza mediante un ciclo de barferencias de acordo co seguinte programa:

Os traballos arqueolóxicos no Forte de Sta Cruz

 

Juan José Perles Fontao

 

CAFETERIA BARROS

 

10 XANEIRO 2014

 

O Castelo de Sta. Cruz na paisaxe fortificada transfronteiriza do Baixo Miño

Rebeca Blanco Rotea

 

CERVECERÍA CELTIC

 

24 XANEIRO 2014

 

O Castelo de Sta Cruz no século XX. Historia e lembranzas

 

José A. Uris Guisantes

 

CAFETERÍA AVENIDA

7 FEBREIRO 2014

 

 

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones