Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLE A ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL -MERGÚLLATE NO OCÉANO- CAMPUS DO MAR

As autoridades municipais visitaron os stands desta iniciativa na mañá do pasado venres

Fecha: 24 de Agosto de 2013

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do pasado Venres día 23 de Agosto de 2013 tiña comezo na Praia do Muíño de A Guarda a actividade "MERGÚLLATE NO OCÉANO".

Trátase dun proxecto de Divulgación Científica Mariña do Campus do Mar que pretende convidar ós cidadáns a coñecer o mar en profundidade cunha proposta divulgativa para todas as idades. Tan só percorre cinco vilas galegas e A Guarda é unha das escollidas.

Durante este dous días, venres e sábado (de 11 a 20:30 h), instalase no acceso da Praia do Muíño un pequeno laboratorio de investigación en ciencias e tecnoloxías mariñas onde os participantes poderán sentirse como auténticos científicos mariños realizando coas súas propias mans sinxelos experimentos e descubrindo como funcionan os océanos.

Na mañá do venres o Director do Campus do mar, Emilio Fernández, o Alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, membros da corporación municipal e o Coordinador do proxecto, Jorge de los Bueis, inauguraron esta actividade percorrendo os 7 obradoiros e descubrindo de onde procede o peixe que comemos habitualmente, como funcionan as correntes mariñas, etc.

Aqueles que queiran participar nesta experiencia recibirán á entrada un pasaporte que deberán ir selando en cada un dos talleres a medida que van completando as diferentes actividades propostas, que inclúen ámbitos tan variados como a Ecoloxía, a Bioloxía, a Oceanografía ou as tecnoloxías aplicadas ao medio mariño. Unha vez dispoñan de todos os selos serán xa uns auténticos científicos mariños e poderán cambiar o seu pasaporte por un pequeno regalo á saída.

O tempo de realización da actividade ronda os 50 minutos, nos que técnicos especializados guíarán ós participantes polos diferentes stands.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

VIDEOS 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones