Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLERÁ A I RUTA DO PINCHO DA LAMPREA

A cita gastronómica celebraráse do 12 ó 20 de Abril en varios establecementos de hostalaría de A Guarda

Conta cun total de 27 establecementos entre restaurantes e bares que ofertarán a seu concepto do pincho da lamprea do Miño a un prezo único de 2?

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2014

Fuente: Infomiño.com


 
Na maña do pasado Venres día 4 de Abril de 2014 tivo lugar a presentación da RUTA DO PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO no Museo de Arte Contemporánea, MARCO de Vigo. A ruta, organizada polos Viveiristas e Pescadores da Guarda, xunto coa colaboración do Concello da Guarda, naceu coa finalidade de promocionar a Lamprea do Miño entre o público como un pincho a un prezo alcanzable.

Durante nove días, do 12 ó 20 de Abril, e coincidindo coa celebración da Semana Santa, os veciños da Guarda e visitantes e turistas terán a oportunidade de coñecer primeira edición dunha ruta que nace para promocionar a lamprea do Miño a un prezo alcanzable. Conta cun total de 27 establecementos entre restaurantes e bares que ofertarán a seu concepto do pincho da lamprea do Miño a un prezo único de 2€. O horario da ruta é de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Ademáis, para fomentar a elaboración de pinchos de calidade entre os establecementos aheridos organízase o Concurso de Mellor Pincho da Lamprea do Miño, onde os únicos responsables de escoller o mellor pincho será aqueles participantes na ruta, valorando cada pincho degustado. Os participantes Terán que degustar o pincho de lamprea en tres establecementos diferentes como mínimo para poder participar nun sorteo de cinco agasallos.

Na Guarda a elaboración tradicional da lamprea é a bordalesa, é dicir, cociñada na súa sangue e servida con arroz blanco e pan tostado. Aínda que cada restaurador ten liberdade na creación da súa proposta, innovando na creación dun pincho de gran calidade. Ó final da presentación, os asistentes puideron degustar este manxar, preparado pola cociñeira e copropietaria do restaurante Bitadorna da Guarda.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, que estivo acompañado por Ángel Rivas, Concelleiro de Vigo, a Senadora, Ángeles Marra, a Concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes, e por José Luis Morais, representante dos Pescadores e Viveiristas da Guarda, destacou a importancia desta iniciativa como "unha oportunidade para probar un prato de gran nivel que para moita xente é todavía algo descoñecido, e para potenciar un producto tan noso, tan do Miño".

Por problemas de axenda, o alcalde do Concello de Vigo sumouse ó evento un pouco máis tarde, deixando constancia da súa gran paixón por un plato, que él mesmo considera "un manxar inigualable".
 
Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones