Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLEU A XORNADA FINAL DO PROXECTO RAPE

Celebrouse na tarde do Martes día 28 de Outubro no Centro Cultural de A Guarda

A Xornada Final tivo comezo despois dun seminario de boas prácticas e emprendemento feminino e foi a derradeira das actividades enmarcadas dentro do proxecto.

Fecha: 29 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado martes día 28 de outubro de 2014 tivo lugar no Centro Cultural do Concello da Guarda a Xornada Final do PROXECTO RAPE "Revalorización das Actividades femininas na Pesca", promovido polo Concello da Guarda dentro dos fondos xestionados polo GAC-7 Ria de Vigo-A Guarda e cofinanciados pola Consellería de Medio Rural e do Mar e o Fondo Europeo da Pesca.
 
O PROXECTO RAPE naceu en 2013 co obxectivo principal de contribuír ao recoñecemento económico e social das mulleres que forman parte do sector pesqueiro dun xeito indirecto, a través de accións de visibilización e sensibilización.
 
Co Proxecto procúrase tamén potenciar unha maior toma de conciencia por parte da sociedade en xeral en torno á situación deste colectivo, creando un espazo de debate e intercambio de experiencias coa intención de xerar empregabilidade e amosando as estratexias de diversificación emprendidas por outras mulleres. Deste xeito, contribúese ao mantemento do desenvolvemento sostible no sector e a integración socioeconómica dos colectivos máis vulnerables.
 
A Xornada Final tivo comezo despois dun seminario de boas prácticas e emprendemento feminino e foi a derradeira das actividades enmarcadas dentro do proxecto.
 
Neste seminario expuxéronse as principais conclusións e presentouse o material videográfico resultante da entrevistas e grupo de encontro de mulleres participantes do proxecto. Este acto contou coa presenza do Alcalde do Concello da Guarda, D. José Manuel Dominguez Freitas, o Director de Ordenación Pesquera do MAGRAMA e Presidente da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero, D. Carlos María Larrañaga, a Directora de Ordenación Pesqueira da Xunta de Galicia, Dña. Susana Rodríguez, a Concelleira de Igualdade, a Directora do Centro de Información a Muller da Guarda (CIM), Fundación Mujeres e FUNDAMAR entre outras entidades. A xornada estivo amenizada pola actuación da agrupación Coiro Vello de A Guarda.
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 28 Outubro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí