Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA AVANZA NAS EXCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DOS SECTORES MERGELINA E PORTA SUR NO MONTE STA. TREGA

As excavacións están xa moi avanzadas no Monte Sta. Trega

Os traballos prolongaránse durante alomenos 8 meses máis e consistirán na reescavación, restauración e musealización, así como na realización de actividades de promoción e divulgación do xacemento.

Fecha: 03 de Octubre de 2015

Fuente: Infomiño.com

Limpeza de biomasa no ano 2013
En setembro do ano 2013 concluíron practicamente os traballos de desbroce e retirada de biomasa na zona do monte Sta Trega coñecida no ámbito da arqueoloxía como sector de Mergelina e Porta Sur. A limpeza realizada permitíu apreciar ós visitantes un bo número de construcións que, a pesar de que xa foran escavadas a finais dos anos 20 e principios dos 30 do século XX por Cayetano Mergelina y Luna, permanecían ocultas nas súa maior parte pola densa maleza.

Estas actuacións foran acometidas por unha brigada de traballadores da Deputación de Pontevedra e contaron coa colaboración do Padroado Municipal Monte Santa Trega e do Concello de A Guarda.
 
Campaña de Agosto de 2015
 
En Agosto de 2015 un equipo de arqueólogos, restauradores e auxiliares de escavación comezaron os traballos de intervención arqueolóxica para a recuperación do castro de Santa Trega, no Concello da Guarda.

Este ambicioso proxecto englóbase no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, e céntrase na recuperación do barrio Megelina, zona que ocupa unha superficie aproximada de 2500 metros cadrados. Neste espazo, persoal do Padroado Municipal xa actuou recentemente para mantela libre de vexetación polo que na actualidade é perfectamente observable.

Os traballos prolongaránse durante alomenos 8 meses máis e consistirán na reescavación, restauración e musealización, así como na realización de actividades de promoción e divulgación do xacemento.

O Padroado Municipal Santa Trega ofertou visitas especiais para coñecer os traballos dos arqueólogos no Poboado de Mergelina.

Nestas visitas recórrese a zona restaurada dos Castros e tamén a zona de escavacións do Poboado de Mergelina.

O obxectivo que teñen estes percorridos especiais é mostrar tanto os turistas que visitan a zona coma os veciños e veciñas da localidade ós traballos que os arqueólogos están a levar a cabo neste poboado. Durante as visitas os participantes poderán ver traballar ós expertos, descubrir as técnicas que os arqueólogos utilizan nas súas escavacións e, por exemplo, observar algún dos restos atopados.

Segundo o guía do Monte Santa Trega, Leo González, este novo percorrido está a ter unha moi boa acollida. A xente que participa nestas visitas sorpréndese das dimensións do poboado e da maneira e as técnicas que usan os arqueólogos nas escavacións. Ademais, afirma González, moitos dos visitantes impresiónanse cós materiais que se encontran.

Durante as fins de semana de outubro, visitas guiadas gratuítas ás escavacións no Castro Santa Trega.

Con este tipo de visitas quere pórse en valor o traballo que os arqueólogos están levando a cabo no poboado da Mergelina. Así, terán a oportunidade de ver a evolución dos traballos dos expertos.

Infominho - VISITAS –VIP- ÁS ESCAVACIÓNS NO CASTRO DO MONTE SANTA TREGA DURANTE AS FINS DE SEMANA DE OUTUBRO - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.Para non interromper nin interferir na zona de excavacións os grupos serán reducidos polo que se precisa reserva. Así, todas as persoas interesadas en asistir a estas visitas deben facer a súa visita dirixíndose ao Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT), chamar ao 690017038 ou 986 61 05 04 ou mandar un mail á dirección masat@aguarda.es .

Despois de facer a reserva, os tíckets recóllense no mesmo museo.

Días e horarios:

No momento de facer a reserva os interesados deberán escoller o día a e hora á que queren acudir a visita.

Os horarios e días fixados son: os sábados días 10, 17 e 24 de outubro, en horario de 11,30 e 13 horas pola mañá e de 17 e 18,30 horas pola tarde. E os domingos días 11, 18 e 25, en quenda de mañá, ás 11,30 horas e as 13 horas.

A duración de cada unha das visitas é de 60 minutos e o punto de encontro é a Casa Forestal.

www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra
  Fecha: 23 Setembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon IXUS 160
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones