Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda conmemorou o Día de Rosalía 2019 cun Concerto de Evoéh

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos

Fecha: 26 de Febrero de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro foi o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia. Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Este ano 2019 contouse coa participación das asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

As actividades, que se iniciaron o pasado venres cunha obra de teatro de monicreques sobre «A Viaxe de Rosalía», na que participaron os Colexios da vila e que se celebrou no Centro Cultural, continúan ata o día 28 coa iniciativa «Rosalía nas Redes».

Concerto-recital de Evoéh

Na xornada do pasado sábado día 23 de febreiro o Centro Cultural da Guarda foi o escenario do concerto-recital do grupo Evoéh, sexteto musical que amosou unha coidada versión musical dos poemas de Cantares Galegos de Rosalía de Castro, baixo o concepto de «Árbore da vida», un proxecto de investigación, recopilación, reelaboración e creación baseado na obra "Cantares gallegos" de Rosalía e nos traballos musicolóxicos galegos que datan dese momento. Evoéh leva a obra de Rosalía a unha nova dimensión musical, sumerxindo ao público na atmosfera emocional de Rosalía, unha ocasión inmellorable na que o numeroso público asistente coñeceu un pouco máis a súa figura e comprendela mellor, ademais o acto estivo acompañado emotivos recitais a cargo de veciños e veciñas da Guarda.

Caldo de Gloria para degustar

Ao longo da pasada fin de semana un total de 11 restaurantes, taperías, cafeterías e bares participaron na iniciativa "CALDO DE GLORIA" que promoveu a Fundación Rosalía de Castro entre todos os hostaleiros do país. A proposta consistíu en ofertar dentro dos menús habituais, a carta ou como tapa, o «Caldo de Gloria», receta que aparece dentro do poema "Miña casiña, meu lar" no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. A iniciativa gastronómica tivo gran repercusión e foron moitos os que aproveitaron para degustalo.

Os establecementos participantes nesta iniciativa foron La Casilla, Casa Aquilino, La Pizzicata, Tapería Arruaz, As Pozas, ¿Y la Luna?, Marbella, Enxebre, Alborada, Camping Santa Tecla y Brétema.

Continúa aberta a participación cidadá en «Rosalía nas Redes»

A Concellería de Cultura amplía o convite a participar na iniciativa «Rosalía nas Redes» entre ata o vindeiro 28 de febreiro. Só tes que facer unha gravación musicando ou recitando un poema, ou versión musicada de Rosalía de Castro da túa elección e compartilo no facebook e no twiter baixo o hashtag #Rosalíate #Aguarda etiquetando a @culturaguarda.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones