Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda convértese por 3 días no foco do Emprego e a Formación coa Feira -Tecnoimaxín-

Este xoves inaugurouse esta Feira que se extenderá ata o vindeiro sábado

Este xoves inaugurouse esta Feira que se extenderá ata o vindeiro sábado

Fecha: 26 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O xoves 25 de outubro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario da inauguración da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», acto que contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Formación e Emprego, Xavier Crespo e a Deputada Provincial, Montserrat Magallanes.

A Deputada Provincial, Montserrat Magallanes, destacou na súa intervención «a importancia de que o sector público aposte polo emprendemento e axude á creación de riqueza», pola súa banda o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, fixo fincapé na «dinamización comercial pola que se aposta no Concello da Guarda, pero tamén o apoio preciso a aqueles que precisan unha axuda para emprender e innovar». Javier Crespo, Concelleiro de Formación e Emprego, fixo un agradecemento a todos os que fixeron posible que «Tecnoimaxín» se celebrase un ano máis na Guarda, apostando polo emprego na zona e promovendo as actitudes emprendedoras entre a poboación.

Trala inauguración, a Coach e Psicóloga Social Susana Rodríguez fixo unha breve presentación da primeira ponente desta edición, Gema Sánchez Cabezudo.
Gema realizou o primeiro obradoiro desta edición, que versou sobre as «Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado», que en modo obradoiro participativo, integrou ao público asistente, preto dun cento de persoas, participando activamente.

Gema Sánchez Cabezudo é Facilitadora do cambio, Experta en Orientación e Asesoramento Non Directivo, Coach Profesional Certificada especializada no desenvolvemento de habilidades socioemocionais e na creación de estratexias de cambio sostible que permitan ás persoas, equipos e organizacións mellorar o seu desempeño e potenciar os seus recursos.

Trala pausa para a comida, a Directora da Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, Débora Ramonde Iglesias, falou sobre os programas de apoio ao emprendemento «ViaGalicia» e tamén dos programas de apoio á internacionalización das Pymes «ViaExterior» que se levan a cabo dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Proxectos que contan cunha gran acollida e que teñen xa axudado a moitos emprendedores na creación de empresas e no seu salto ao mercado internacional.

 

 

De seguido, entre as 19:00h e as 20:30h, Jaume Gurt, Director de organización e desenvolvemento de persoas en Schibsted Spain, grupo que aglutina ás marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios, falou sobre «A Felicidade nas novas organizacións».
Explicou aos presentes como un mundo cada vez máis tecnolóxico está empurrando ás persoas e á sociedade, cara a novos limites. O traballo e a vida corren cada vez máis rápido, máis presión, máis cambios, namentres as presas e a angustia apodéranse dos seres humanos. Como o ollo do furacán, no medio desta revolución nace a oportunidade dun GRAN cambio para as organizacións, por ás persoas no centro, creando entornos que faciliten a FELICIDADE no traballo, e gañando en rentabilidade. Jaume Gurt o viviu e é consciente que realmente funciona.

A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

Máis información e inscricións na Omix ou AEDL do Concello da Guarda no 986 61 0000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

PROGRAMA TECNOIMAXÍN - CONCELLO DA GUARDA


VENRES 26 OUTUBRO

FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, ...)
Conferencia/exhibición 10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots
Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

12:30 / 13:30
Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,
A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA
Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

TARDE

16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
Emília Simão & Samuel Barbosa - Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário
Tecnologia vs Arte - Vídeo360º

17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico
Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia


SÁBADO 27 DE OUTUBRO

DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
Feira de empresas
11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
Conduce Susana Rodríguez
Coach e psicóloga social

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Este xoves inaugurouse esta Feira que se extenderá ata o vindeiro sábado

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones