Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA DISFRUTARÁ PRÓXIMAMENTE DO CASTELO DE SANTA CRUZ

A Guarda contará próximamente cun novo espazo de esparcimento e lecer, a recuperación e adecuación do Castelo de Sta. Cruz para a súa apertura ó público é xa case unha realidade

Fecha: 09 de Julio de 2013

Fuente: Infomiño.com

O Concello de A Guarda contará en próximas datas cun novo espazo de esparcimento e lecer coas actuacións que se están levando a cabo sobre o Castelo de Santa Cruz, un lugar céntrico pero pouco coñecido por moitos guardeses.

O pasado Luns día 8 de Xullo de 2013, coincidindo coa visita da investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC, Sra. Rebeca Blanco, que ademáis é especialista en Fortalezas transfronteirizas, puidemos contemplar o avance das tarefas de adecuación deste entorno que se prevee que rematen próximamente.

Unha comitiva encabezada polo Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Patrimonio, Sr. Xavier Crespo, a Concelleira de Turismo, Sra. Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Cultura, Sr. Antonio Lomba e a investigadora Rebeca Blanco, realizaron unha visita de carácter non oficial ás obras que se están realizando nesta fortificación, na que puidemos apreciar de primeira man que os traballos están a piques de finalizar e o entorno deste privilexiado emplazamento amosa xa un aspecto moi diferente ó de fai algúns anos, cando a vexetación cubría boa parte do lugar.

Entre as tarefas desenroladas destaca a reconstrucción parcial de parte das murallas exteriores e interiores do Castelo, creación de zonas axardinadas e camiños realizados con xabre, que facilitarán a visita e disfrute deste espazo.

Aínda que estaba prevista a realización dun Centro de Interpretación das fortalezas transfronteirizas do Miño no interior do Castelo, e malia que as obras do mesmo se iniciaron no ano 2005, paralizándose posteriormente, este espazo foi víctima de diferentes actos vandálicos que imposibilitarán telo en funcionamento este ano, pero existe un compromiso da Xunta de Galicia para tentalo por en funcionamento durante o vindeiro ano, co que se acadará aínda unha maior difusión e promoción, tanto do Castelo coma do pobo de A Guarda en Xeral.

Agárdase que o Castelo de Santa Cruz, de propiedade municipal trala cesión feita polos antigos propietarios, poda abrir as súas portas ó público en xeral a partires do próximo mes de Agosto.

 

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones