Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda fomenta o emprendemento coa I Feira do Emprego e Formación

O evento terá lugar do 5 ao 7 de outubro na Guarda

O evento terá lugar do 5 ao 7 de outubro na Guarda

Fecha: 02 de Octubre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Guarda acollerá a súa primeira Feira de Emprego e Formación “Imaxinactívate” os próximos días 5, 6 e 7 de outubro na Casa dos Alonso, cun amplo programa de obradoiros, charlas e mostras orientados ao emprendemento e á mellor empregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo.

O acto de presentación das xornadas celebrouse esta mañá coas intervencións do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, o concelleiro de Formación e Emprego, Javier Crespo, a técnica de Xuventude, Patricia Cuña, e a formadora e psicóloga social, Susana Rodríguez.

Inspiración e motivación

Segundo explicou o rexedor local, a feira contará con diferentes actividades dirixidas principalmente a persoas con perfil emprendedor ou en busca de emprego, que poderán inscribirse nos distintos obradoiros ou participar nas charlas abertas. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de coñecer modelos de negocio existentes na Guarda durante a xornada do sábado, cando se celebrará a “Feira de empresas locais: novas ou con trazo distintivo”, entre as que se atoparán firmas de arquitectura, enxeñería ou economía social. “Isto é moi interesante, porque ofrece unha fotografía da situación do emprendemento na nosa vila e poden animar e dar exemplo”, asegurou Antonio Lomba.

Javier Crespo, pola súa parte, quixo salientar a variada e completa programación coa que conta o evento, con especial referencia á inclusión da temática sobre as novas formas de traballo colaborativo e a cuestión do financiamento, esencial para o inicio de todo novo proxecto. Esta feira nace, segundo explicou o concelleiro, coa intención de converterse na primeira dunha serie de eventos anuais que “permitan continuar traballando nesta liña, dando a coñecer as empresas da localidade e fomentando a formación e o emprego”.

A Guarda recibirá a relatores “de primeiro nivel que acoden motivados pola importancia destas xornadas”, asegurou Susana Rodríguez, especialista en desenvolvemento persoal e relatora nesta primeira edición da feira. “Animo a todas as persoas que teñan ilusión a que se enganchen, que investiguen sobre os profesionais que imparten as charlas e talleres e convenceranse de de que vale a pena acudir”, sentenciou a formadora.

Non só se dirixe a persoas con intención emprendedora, senón a “todas aquelas que desexen adquirir novos coñecementos e perspectivas laborais”, segundo expuxo a técnica de Xuventude do Concello guardés.

Programación do evento

O acto inaugural desta primeira edición da feira será ás 18:30 horas do xoves 5 de outubro, se ben xa durante a mañá e primeira hora da tarde se impartirán os primeiros obradoiros. Así, a consultora de recursos humanos Sonia Fernández estreará as xornadas co taller “Financiamento para emprender. Público e privado”, entre as 10 e as 14 horas do xoves, no que contará coa intervención do Grupo de Desenvolvemento Rural, GDR14.

A xornada continuará pola tarde co taller sobre “Coaching e xestión emocional” ofertado por Susana Rodríguez entre as 16 e as 18 horas e, xa ás 18:30 horas, se celebrará o acto inaugural. A actriz e contacontos Bea Campos será a encargada de achegar ao público, cun toque humorístico, a esencia destas xornadas e, de seguido, a coach Raquel Pedrouso ofertará o seu obradoiro sobre “Coworking e formas de traballo colaborativo”.

A aproximación ao marketing dixital virá durante a mañá do venres da man do formador e asesor José Fonterosa, cuxo obradoiro terá un horario de 10 a 14 horas. O taller “Coaching e emprego”, ás 16 horas do sábado, será unha continuación do xa ofertado pola psicóloga social Susana Rodríguez na tarde do xoves, e a ela seguiraa unha charla sobre emprendemento feminino protagonizado por Eva Carreira, emprendedora artesá a través da súa empresa “Zoclos, zuecos de Galicia”, a partir das 18:30.

Preto das 19:15 horas tomará o testemuño o comunicador, consultor e docente Roberto Pérez, coa súa charla sobre “motivación par a creacións de start ups”, namentres o sábado, derradeiro día da feira, poderedes participar na charla motivacional titulada “Contigo hai futuro” dirixida por Pablo G. Fortes, especialista en xestión e desenvolvemento de habilidades. Tamén o sábado será posible visitar unha pequena mostra do tecido empresarial guardés, con expositores e a celebración dunha mesa redonda na que presentarán os seus distintos modelos de negocio.

Para acudir aos obradoiros é necesario inscribirse previamente no formulario dispoñible na páxina web www.imaxinactivate.com , acudindo á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no teléfono 986 61 45 46 ou enviando un correo electrónico á dirección informacion@aguarda.es. As charlas e a mesa redonda das empresas locais, pola súa parte, serán de acceso libre.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  O evento terá lugar do 5 ao 7 de outubro na Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones