Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA HONROU A ROSALÍA DE CASTRO

A figura de Rosalía de Castro centrou as actividades programadas para o pasado sábado na guarda

A figura de Rosalía de Castro centrou as actividades programadas para o pasado sábado na guarda

Fecha: 29 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

O pasado sábado día 27 de febreiro, o Concello da Guarda foi escenario de diferentes actividades, tanto para nenos coma para maiores, centrados na figura da poeta Rosalía de Castro.

Dentro do ciclo de "Contos Contados" que se celebra mensualmente na Biblioteca Municipal, tivo lugar unha sesión centrada na escritora galega máis recoñecida.

Nesta actividade os nenos e nenas participantes vvisualizaron un pequeno vídeo explicativo da figura de Rosalía de Castro e despois traballaron a figura da poeta a través dun obradoiro que terminou coa lectura de varios poemas da autora.

Ás 20,30 horas tiña lugar no Centro Cultural un evento para por en valor tanto a biografía como a obra de Rosalía de Castro. O veciño guardés Manuel Cadilla Rey, coñecido como "Maruxo" foi o encargado de recitar algún dos seus poemas e grupos coma "Carainas", "Ghaiteiros do Carreiro" e "Tremelique", da Agrupación Cultural Guardesa foron os encargados de pór a música a este acto.
O evento estivo presentado por Betty Rey, locutora da Radio Municipal de Tui.

Actividades para os nenos e nenas

Está previsto que este luns pola mañá, os alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria, pintarán o mural deseñado na rúa San Bernardo(A Guía).

A "Marcha por Rosalía" con nenos e nenas de Educación Primaria de todos os colexios guardeses aínda non ten data fixada, se celebrará dependendo das condicións climatolóxicas.

www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra
  Fecha: 27 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon IXUS 160
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones