Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda inaugurou a exposición -Proxecto táctil-

A totalidade dos colexios do municipio visitarán esta exposición no Centro Cultural

A totalidade dos colexios do municipio visitarán esta exposición no Centro Cultural

Fecha: 20 de Octubre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Na mañá do xoves día 19 de outubro inaugurábase no Centro Cultural da Guarda a exposición "Proxecto táctil", composta de obras contemporáneas realizadas por alumnos/as e ex alumnos/as da facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo).

Na inauguración da exposición participaron o alcalde da localidade, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Elena Baz, o director do Centro de Recursos da ONCE en Pontevedra, José Ángel Abraldes, a decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.


Proxecto táctil

Unha decena de creadoras da Facultade de Belas Artes e da escola de moda ESDEMGA son as autoras de outras tantas obras que compoñen esta exposición, coa que se pretende explicar como ‘ver' coas mans e que durante este ano visitará cinco emprazamentos da provincia de Pontevedra cun duplo obxectivo: o de permitir que as persoas con discapacidade visual accedan á arte contemporánea de xeito normalizado e o de concienciar ao conxunto da poboación sobre as necesidades das persoas cegas. Para percorrer esta exposición convídase ás e aos participantes a facer uso de antefaces para percibir as obras doutro xeito. Ao ter que ‘ver' as obras sen facer uso do sentido da vista, pódese experimentar a forma en que as persoas cegas perciben os obxectos.


"Proxecto Táctil" está comisariada pola decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García. Nesta ocasión, e a diferenza doutros proxectos cuxas pezas son creadas para ser tocadas, a comisaria elixiu obras que xa estaban realizadas pero que se adaptaban á idea de "ser táctiles" pola multiciplidade de texturas e materiais. Así, as teas, os metais, os vimbios, as escaiolas e as madeiras son os materiais que destacan na confección destas obras, cuxa autoría corresponde a Laura Álvarez, Andrea Domínguez Torres, Malú Feijoo, Alejandra Lago, Loaira Peres, Pilar Picas, Yolanda Ríos, Irene Romero, Anabel Santos Leites e Renata Sierra. A mostra foi presentada e exposta durante o mes de xuño na sede da Vicerreitoría da Universidade de Vigo en Pontevedra, a Casa das Campás, e no último trimestre do ano percorrerá os concellos de Caldas de Reis, A Guarda, O Porriño, e Lalín da man da Deputación de Pontevedra.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

A totalidade dos colexios do municipio visitarán esta exposición no Centro Cultural  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones