Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - A Guarda iniciou as Barferencias do 2017 co Centenario do MASAT

A primeira barferencia, a cargo do historiador local JM Villa, tivo lugar o pasado venres 20 de xaneiro

A primeira barferencia, a cargo do historiador local JM Villa, tivo lugar o pasado venres 20 de xaneiro

Fecha: 23 de Enero de 2017

Fuente: Infomiño.com

A Barferencia de J.Miguel Villa Álvarez sobre o Centenario do Museo do Monte Santa Trega iniciou o ciclo de Barferencias 2017 na Guarda o pasado venres día 20 de xaneiro ás 20.30h. na Cafetería Alameda.

Foi unha cita moi especial para A Guarda, xa que a ponencia versou sobre os "100 anos do Museo do Monte", un elemento clave na vida e na sociedade da vila nas últimas décadas, motivo de satisfacción para o pobo.

A ponencia estivo a cargo do historiador e profesor guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Villa imparte clases no Colexio PP. Somascos da Guarda, labor que compaxina coa de investigador, que o levou a colaborar en diferentes publicacións, en especial con temas relacionados coa Guarda.

Nesta barferencia JM Villa falou da parte dos seus numerosos coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017, pois foi creado pola Sociedade Pro-Monte no 1917. Parte desta ponencia terá como base a investigación que ten realizado sobre a propia Sociedade Pro Monte e que o levou a publicar "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)" e "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939). A estes dous volumes súmase un terceiro libro, "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte", que se presentará no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

O MASAT iniciou a súa historia no ano 1917 na esquina das rúas República Dominicana e Rúa Galicia, un paso previo á localización actual no Monte de Sta. Trega.Coma dato curioso, a entrada ó museo comezou costando 1 peseta e dende o 1966 é gratuíta.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jacinto Domínguez Rodríguez  
  Fecha: 20 Enero 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A primeira barferencia, a cargo do historiador local JM Villa, tivo lugar o pasado venres 20 de xaneiro  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí