Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - A Guarda oferta esta fin de semana os mellores pratos da cociña mariñeira

Superáronse as expectativas para a primeira xornada cunha gran afluencia de comensais

Superáronse as expectativas para a primeira xornada cunha gran afluencia de comensais

Fecha: 07 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, foi o responsable de dar o pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira o venres día 6 de xullo ante máis de 200 persoas que se congregaron na Praza do Reló da Guarda.

Nado en 1958 na Coruña, Nancho Novo combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock "Los Castigados sin postre".

Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo "El Club de la Comedia" e participa coma colaborador no programa radiofónico "Hoy por hoy Madrid" de Radio Madrid.

O seu debut coma actor profesional remontase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu a súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como "Fariña".

Como ven sendo habitual a lectura do pregón foi a noitiña, dando o "pistoletazo" de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da Comarca do Baixo Miño.

Neste acto, que estivo presentado pola comunicadora Beti Rey, interviron a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o pregoeiro, Nancho Novo, que foi agasallado polo alcalde coa Langosta de Ouro da vila.

Tralo pregón realizouse a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde veciños e visitantes degustaron os produtos do mar e da cociña mariñeira. Sobre as 22:30h Nancho Novo realizou o seu espectáculo "El Cavernícola", obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.

A afluencia de público e comensais foi moi importante, os restauradores participantes nesta edición din que "superáronse as espectativas para a primeira xornada con creces" "tivemos que facer acopio de produtos que tiñamos para a segunda xornada polo que o balance desta primeira xornada da festa é moi positivo".

Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizouse un serán mariñeiro contando coas actuacións de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizaron esta noite.

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira podese degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de Langosta custa 25€, pero tamén se ofertan outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo... a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema, con racións dende 1,5€.

Programación variada e para todas as idades
Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.

O Domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.

Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos(non esquezades o bañador!). Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 Superáronse as expectativas para a primeira xornada cunha gran afluencia de comensais

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí