Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA PON EN MARCHA UN PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DO EMPREGO

Este programa está destinado tanto a persoas que xa teñen ideas de negocio como as que teñen capacidades e cualidades pero aínda non teñen esa idea.

Non hai límite de idade, os horarios serán flexibles e está pensado para que sexan seis meses de duración e teñan dúas sesión cada mes.

Fecha: 27 de Agosto de 2015

Fuente: Infomiño.com


O mércores 26 de Agosto, presentouse na Casa dos Alonsos o Programa de Formación e Emprego do Concello para o curso 2015-2016. Neste acto, no que estivo presente o alcalde da localidade, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Emprego Xavier Crespo e a Deputada Provincial para o Emprego Montserrat Magallanes, informouse, tanto os medios coma a todas aquelas persoas interesadas, dos dous novos proxectos.

A encargada de explicar miúdo destes programas foi Susana Rodríguez, quen será a encargada de levalos a cabo coma responsable do equipo do "Grupo Arestora".

O primeiro deles, nomeado como "Programa de acompañamento e mentoring persoal para o autoemprego" está concibido coma unha continuación do curso de "Dinamización de emprego: sementa o teu futuro". O obxectivo deste acompañamento é fomentar as metas, a creatividade e, entre outras, a creación de empresas a través de sesións de mentoring, de coaching tanto grupal como individual e diferentes grupos de apoio. "Un dos retos máis importantes é crear redes de colaboración", afirmou Susana na presentación.

Este programa está destinado tanto a persoas que xa teñen ideas de negocio como as que teñen capacidades e cualidades pero aínda non teñen esa idea. Tamén a empresarios que teñen un negocio xa iniciado dende fai pouco tempo ou para persoas que participen en grupos de voluntariado.

Non hai límite de idade, os horarios serán flexibles e está pensado para que sexan seis meses de duración e teñan dúas sesión cada mes.

O outro programa, denominado "Laboratorio de Ideas Emprendedoras A Guarda", ten coma obxectivo traballar as ideas de forma grupal para aproveitar ó máximo os recursos. Este laboratorio terá dúas fases; a primeira delas tratará de fomentar a creatividade, de facer un mapa dos camiños a seguir para poder concretar ese primeiro xerme.
A segunda fase baséase na consolidación da idea e na creación dun grupo de traballo. O Concello, así, facilitará un espazo no que se podan proxectar esas ideas empresariais.


O laboratorio está destinado a xoves guardeses que están a estudar ciclos ou estudos universitarios e teñan inquedanzas que queiran levar a cabo.
De novo o horario será flexible e continuado, a duración aproximada de seis meses e as sesións dúas cada mes.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mostrouse moi ilusionado nesta presentación. "Nós somos parte deste proxecto. Desexamos que funcione, non sabemos como será o futuro. O que nos propoñemos é un reto e unha experiencia", afirmou Lomba.

O prazo para anotarse nestes dous proxectos, que se materializan grazas ós orzamentos municipais, xa está aberto. Todas aquelas persoas interesadas poden informarse tanto nas oficinas da OMIX coma de AEDL, do Concello da Guarda.

As sesións presencias, tanto do mentoring coma do laboratorio, e tamén as salas de cooworking, serán na Casa de Oficios da Guarda.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 26 Agosto 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones