Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA PRESENTA A APP PARA SMARTPHONES CONCELLO DA GUARDA

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de presentar esta aplicación ós medios de comunicación e os diferentes veciños e veciñas que asistiron a dito acto.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de presentar esta aplicación ós medios de comunicación e os diferentes veciños e veciñas que asistiron a dito acto.

Fecha: 18 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

Inclusión de empresas aquí 

Esta mañá presentouse na Casa dos Alonsos a aplicación para móbiles do Concello da Guarda.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de presentar esta aplicación ós medios de comunicación e os diferentes veciños e veciñas que asistiron a dito acto.
"Aínda que é hoxe a presentación oficial o equipo do Concello leva tres semanas traballando nesta iniciativa. Estes primeiros días o que queremos é testala para resolver os posibles inconvenientes que teña a APP", comezou dicindo Lomba.

O alcalde continuou presentando o equipo que traballará para que, cada un dos apartados da aplicación funcione correctamente.

Así, José David Flores, técnico informático será o encargado de asesorar e coordinar o equipo. Teresa Espejo, técnica de Cultura, é a responsable da axenda da aplicación, Rosalía Verde, técnica de Turismo, é a persoa que actualizará os contidos do espazo de Turismo e a Guía de Empresas. E por último, Patricia Guisantes, será encargada, xunto con José Luis Gil e María del Carmen García, de coordinar o módulo de incidencias.

"Esta aplicación ten unha parte de información moi interesante tanto para os veciños e veciñas da Guarda coma para os nosos visitantes, unha parte interactiva e outra parte de avisos", explicou o alcalde guardés.

E seguiu explicando que, por exemplo, o módulo de incidencias, é unha parte da aplicación moi interesante xa que, calquera persoa poderá sacar unha fotografía a un problema ou incidencia e mandala directamente ó Concello. Dende aí Patricia Guisantes, se poría en contacto con os responsables e se solventaría. Unha vez que se resolva, chegaría un mail á persoa que aportou dita mensaxe.


Outro módulo que resaltou o alcalde foi a "Guía de Empresas". Neste punto quixo facer un chamamento ás empresas guardesas que aínda non se deron de alta para que formen parte da aplicación. "Queremos que a xente se implique co concello e esta é unha boa maneira", afirmou Lomba.

Por último recalcou as pestanas de "Turismo" e de "Mapas", moi interesantes para os visitantes que cheguen a Guarda. O que vai facer o Concello, explicou Lomba, publicitar a descarga da APP na entrada da vila e na web.

O Concello contou cun orzamento de 3942 euros. Ademais, tal e como confirmou o alcalde, o mantemento anual custará 450 euros.

Antonio Lomba explicou que quere que a aplicación sexa un complemento para a páxina web xa que é algo creado para utilizar nos móbiles. "Esta aplicación enténdese para levar no peto, para usala cando esteas na rúa", afirmou.

O Concello da Guarda espera que sexan moitos os veciños e veciñas da vila, e tamén os visitantes, os que se descarguen esta aplicación nos seus dispositivos móbiles e poidan gozar da gran variedade de servizos que se ofertan.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 18 de Setembro de 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones