Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda presenta a Axenda de Verán 2018

A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

Fecha: 06 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Casa dos Alonso acolleu esta mañá a presentación da nova axenda de actividades para o verán 2018 na Guarda. A concelleira de Cultura, María Elena Baz, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foron os encargados de dar a coñecer a completa programación cultural, gastronómica e deportiva da que poderán gozar veciñas, veciños e visitantes dende xuño e ata setembro deste ano.

Segundo destacou o rexedor local, nesta axenda conflúen os eventos organizados polas distintas asociacións e entidades locais, aquelas impulsadas por institucións provinciais ou autonómicas e as organizadas polo propio Concello. O resultado é, destacou Lomba, «unha intensa programación pensada para satisfacer a todos os públicos» durante a época estival.

Nesta liña, a edil guardesa valorou positivamente o traballos das distintas asociacións e colectivos que «contribúen a encher unha axenda cultural e de ocio de 4 meses» de duración, cunha oferta variada e de calidade que xa comezou coas tradicionais alfombras florais a pasada fin de semana e continuará este sábado e domingo coas festas parroquiais de San Antonio.

No eido cultural, Baz destacou os concertos das populares «Noites no Castelo», no que este ano contaremos coas actuacións de Ardentía e Milladoiro (21 de xullo); e a continuidade dos concertos de «Música nas prazas», con tres novas datas para gozar dos mellores grupos locais nos espazos públicos da vila (22 de xuño, 24 de agosto e 7 de setembro).

Pensando nos máis cativos, a programación inclúe espectáculos infantís e familiares, así como cinema nas rúas, un Campamento Urbano con actividades educativas e de ocio e un Campus Deportivo de Fútbol. Para goce de toda a familia, ademais, continuarán as visitas teatralizadas polo casco antigo da vila, se ben cunha nova posta en escena e guión renovado.

Segundo adiantou Elena Baz, o 20 de xullo inaugurarase unha nova exposición na Casa dos Alonso dedicada a todos os guardeses e guardesas. Baixo o título «Así somos», a mostra estará formada por fotografías nas que se retrata a vida na vila, con imaxes das súas festas e a cultura propiamente guardesas nas que os protagonistas son os veciños e veciñas.

No deportivo, Antonio Lomba destacou dúas actividades de nova creación: o Campionato Galego de Balonmán Praia, que se celebrará na praia do Codesal o 14 de xullo; e o I Festival Internacional de Xadrez A Guarda, do 22 ao 30 de setembro.

A axenda inclúe as festas máis populares e tradicionais da vila como as Festas do Monte (do 6 ao 13 de agosto), a IV Galifornia Beat (4 de agosto) e a a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que ocupará o entorno do Porto durante a primeira fin de semana de xullo (6, 7 e 8 de xullo). Con todo, e segundo engadiron os representantes municipais, compre subliñar a ausencia de celebracións tradicionais como as de San Roque, a Festa da Guía ou a Festa do Avó, aínda coa programación sen pechar.

A axenda de actividades poderá recollerse dende hoxe mesmo na Casa do Concello, o Centro Cultural, a Estación Marítima e as Oficinas Municipais de Turismo. Ademais, estará dispoñible na páxina web do Concello da Guarda para a súa consulta e descarga.

Descarga Axenda aquí

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones