Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A LAMPREA DO MIÑO DEGUSTARÁSE EN 14 ESTABLECEMENTOS DE A GUARDA

A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño volta con sorteos e concursos

A iniciativa gastronómica foi presentada no Museo do Mar de A Guarda

Fecha: 09 de Abril de 2016

Fuente: Infomiño.com


O mércores 6 de abril tivo lugar a presentación da Ruta do Pincho da Lamprea do Miño 2016 no Museo do Mar da Guarda situado no porto. Escolleuse este espazo pola súa vinculación cos mariñeiros e pescadores e porque hai varios elementos da pesca da lagosta.

Ó acto de presentación estiveron presentes o Alcalde e a Concelleira de Turismo da Guarda xunto co viveirista e os representantes de Bitadorna e a Jamonería Anabel que amosaron a súa proposta de pincho.

Ás 13 horas deu comezou o acto de presentación a Concellería de Turismo do Concello da Guarda, Dna. Montserrat Magallanes Álvarez, quen destacou a pesca da lamprea para A Guarda e a importancia destas iniciativas para promocionar ó produto local e a labor dos restaurantes coa oferta de pinchos de calidade.

Continuou o Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba, quen volveu a resaltar a singularidade da Guarda con referentes como Monte Santa Trega ou a afamada gastronomía da Guarda. Tamén destacou que este tipo de iniciativas permiten dar a coñecer a nosa gastronomía e, en concreto, este produto tan peculiar e descoñecido como é a lamprea. Na Guarda capturase a lamprea e grazas aos viveiristas envíanse a diferentes destinos galegos como nacionais.

Recordade que tedes 4 días en abril para degustar o pincho de lamprea: os sábados 9 e 16 e os domingos 10 e 17 en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas. Nesta terceira edición participarán 14 restaurantes e bares da Guarda ofrecerán o pincho da Lamprea do Miño a un prezo único de 2 €.

Para rematar a Concelleira de turismo pechou o acto informando que novamente se organiza o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño entre os restaurantes e bares adheridos para premiar a creación dun pincho de calidade. Os responsables de escoller o establecemento co mellor pincho serán os participantes puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentarán e depositarán nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta. Ademais de coñecer as valoracións dos restaurantes, as papeletas permitirán coñecer un número aproximado de pinchos servidos.

Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizarase o xoves 21 de abril e o venres 29 os cinco premiados recollerán os agasallos:

• 1º Unha caixa de 6 botellas de viño Albariño da Adega Rectoral do Umía
• 2º Unha caixa de 6 botellas de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi
• 3º Unha caixa de 6 botellas de viño Ribeiro da Adega Alanís
• 4º e 5º: Cada premiado: 1 botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís

Tamén o venres 29 o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada.

Organiza: Viveirista e pescadores do Miño da Guarda
Patrocina: Concello da Guarda

Participan 14 restaurantes e bares da Guarda:
1. BITADORNA
2. BRISAMAR
3. CARLA
4. JAMONERÍA ANABEL
5. LA PIZZICATA
6. MARBELLA
7. MARUSÍA
8. NOVO FUNIL
9. O CANGREXAL
10. O PASEO
11. O ROXO
12. PORTO GUARDÉS
13. XANTAR
14. XEITO
 
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 6 de Abril de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño volta con sorteos e concursos  

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones