Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - A Mostra Asociativa consolídase na súa terceira edición

O pasado sábado día 11 de maio de 2019 a Alameda da Guarda foi o lugar escollido para a celebración da terceira edición da Mostra Asociativa

O pasado sábado día 11 de maio de 2019 a Alameda da Guarda foi o lugar escollido para a celebración da terceira edición da Mostra Asociativa

Fecha: 14 de Mayo de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado sábado día 11 de maio de 2019 a Alameda da Guarda foi o lugar escollido para a celebración da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila foron as protagonistas dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes cunha gran programación de actividades que comezou cun xantar popular no que participaron a meirande parte dos 30 colectivos desta edición.

Ás 16:00h arrancaba oficialmente esta II Mostra Asociativa cunha actuación conxunta entre A Boalleira e Na Revolta, nunha xornada cunhas temperaturas excepcionais que promoveron unha afluencia de asistentes que se mantivo ao longo da tarde, aproveitando a diversidade de propostas para todas as idades.

A Alameda da Guarda converteuse no punto de reunión con stands individuais de cada colectivo, nos que tamén se realizaron actividades paralelas e se informou máis pormenorizadamente sobre os servizos e obxectivos de cada Asociación/colectivo, destacando a realización dunha alfombra floral, a práctica deportiva de remo ergómetro, un obradoiro de hockey e patinaxe, un obradoiro de decoración de palma, un obradoiro de henna, un obradoiro de chapas, unha exhibición de skate, xogos, circuito e actividades de airsoft, obradoiro de nós mariñeiros, sopas de letras, aparellos mariñeiros, photocall entre outras.

A tarde continuaba intercalando numerosas actividades conxuntas entre varios colectivos coma a Exhibición de Danza Centro Do-Majó, a actuación conxunta entre a Asociación Vento Mareiro, Rock´n´Rolla, Xamaraina e o Coro Arpegios-Cantábile, a actuación da Agrupación Musical da Guarda, o serán coas actuacións dos grupos Do Lusco ó Fusco e Vento Mareiro, a actuación das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e xa para por o broche final a actuación de Xerock.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer unha vez máis o traballo, constancia e compañeirismo das asociacións da vila, o que favorece a realización deste tipo de iniciativas, moi importantes para por en valor a colectivos que apostan pola vila e polo dinamismo da mesma, cada unha no seu ámbito de actuación.

 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 O pasado sábado día 11 de maio de 2019 a Alameda da Guarda foi o lugar escollido para a celebración da terceira edición da Mostra Asociativa

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí