Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A música de Batuko Tabanka e Leilía encandilou aos asistentes de Noites no Castelo na Guarda

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda

Fecha: 23 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado sábado día 20 de xullo o Castelo de Santa Cruza da Guarda acolleu a quinta edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que contou coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

Esta edición de Noites no Castelo estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.

O grupo de orixe caboverdiano Batuko Tabanka foi encargado de abrir este concerto ás 22:00h, cunha actuación na que a música típica de Cabo Verde foi a protagonista. Esta formación, integrada por mulleres de orixe caboverdiano e afincadas na Mariña lucense, ensinou aos presentes os cantos e como é o son do «batuko», que é un pano pregado colocado entre as pernas, ademais de bailes tradicionais. O grupo está formado por Antonina de Cangas, Antonina de San Cibrao, Ivone, Fafá, Beba, Isabel, Dezidéria, Ilda, Mariazinha, Chuca, Morena, Ilisa, Pachuca, Gali, Lopez, Gusma, Numete, Linsaja, Katuka, Mascu, Canlita, Comato, Belita e Santinha.

Ás 23:00h da noite chegaba a quenda de Leilía, un grupo galego de música tradicional de cantareiras- pandereteiras fundado en 1989 e composto por seis voces femininas, que naceu co propósito de recuperar a tradición oral galega.

Leilía foi un dos primeiros grupos de Galicia que se lanzou a recorrer as aldeas recopilando cancións tradicionais de boca dos anciáns do lugar, e a primeira agrupación de cantareiras que empezou a dar concertos en bares e pubs. A súa actuación mesmo convidou aos asistentes que foron partícipes con bailes entre o público para pechar unha nova edición de Noites no Castelo, cunha asistencia estimada en 1500 persoas.

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones