Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Porta do Trega podería ser unha realidade antes do verán de 2018

O Convenio entre a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de A Guarda foi asinado este venres 1 de setembro

O Convenio entre a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de A Guarda foi asinado este venres 1 de setembro

Fecha: 01 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O venres 1 de setembro realizouse na Casa dos Alonso de A Guard aa sinatura do Convenio entre a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda para proposta de actuación sobre a Porta do Trega, que controlará o acceso e benvida de visitantes ó Monte de Sta. Trega.

Neste acto estiveron presentes a Directora Xeral de Turismo, Sra. María Nava Castro así como o Alcalde de A Guarda, Sr. Antonio Lomba, acompañados de representantes do Padroado do Monte Sta. Trega emembros da corporación local.

A Porta do Trega é un proxecto que conta cun orzamento total de 220.000€ dos cales 200.000€ serán aboados pola Xunta de Galicia e 20.000€ por parte do consistorio local. Neste proxecto preténdese adecentar e crear unha infraestructura para a recepción dos milleiros de visitantes que ano a ano visitan este espazo, un dos máis visitados de Galicia, dotándoo dunha caseta de cobro, un módulo de información e servizos e unha área de aparcamento que será posta en marcha pola Comunidade de Montes de A Guarda no Campo de Chans.

O Consello da Xunta de Galicia xa deu o visto bo aprobando en sesión plenaria este convenio que ven de materializarse e que está previsto que estea xa en funcionamento antes do verán de 2018.

Segundo Nava Castro esta Porta de entrada ó Monte de Sta. Trega trata de mellorar estéticamente a zona de benvida ó Monte de Sta. Trega, mellorando a imaxe de acordo co espazo "aquí está o Monte e o Castro de Sta. Trega".

O Alcalde de A Guarda manifestou a funcionalidade de cara o futuro deste proxecto, enmarcado no Plan Director do Monte de Sta. Trega e nun cambio de xestión futuro a tratar tamén co Padroado.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
  O Convenio entre a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de A Guarda foi asinado este venres 1 de setembro

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones