Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA FOI O ESCENARIO DO EVENTO GASTRONÓMICO -DEGUSTA EUROPA-

Con este proxecto itinerante, a institución provincial busca resaltar a gastronomía como un dos símbolos da riqueza cultural de Europa e reivindicar os produtos locais e autóctonos

Con este proxecto itinerante, a institución provincial busca resaltar a gastronomía como un dos símbolos da riqueza cultural de Europa e reivindicar os produtos locais e autóctonos

Fecha: 12 de Mayo de 2016

Fuente: Infomiño.com

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa deputada provincial delegada de emprego, Montse Magallanes, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistiu ao acto "Degusta Europa" no concello de A Guarda. O programa, impulsado polo ente provincial, enmárcase nunha serie de actuacións que a institución está a organizar para conmemorar o Día de Europa.

A iniciativa ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ao tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra.

No caso da Guarda, é a primeira das localidades na que profesorado e alumnado do centro educativo Manuel Antonio foron os encargados de mercar produtos das Rías Baixas no mercado municipal e en directo, ao estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos europeos. Mais concretamente, "Sopa de melón con Oporto texturizado", "Xoubas fritidas con tempura de millo", "Xarda lañada con brotes tenros", "Risotto de mexillóns con tella de quixo parmesano" e "Hamburguesas de porco con quixo gruyere".

O programa, que xa pasou polos concellos de Caldas, Pontevedra e Cambados, con alumnado e profesorado do Carlos Oroza de Pontevedra nos fogóns, continuará no mercado municipal de Bueu mañá, 12 de maio, e no mercado do Progreso de Vigo o venres 13, con membros do Manuel Antonio na cociña que ofertarán os pratos degustados hoxe na Guarda.

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 11 de Maio de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 Con este proxecto itinerante, a institución provincial busca resaltar a gastronomía como un dos símbolos da riqueza cultural de Europa e reivindicar os produtos locais e autóctonos

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones