Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - A Praza do Seixo de Tomiño acolleu o acto Mulleres en Acción Violencia Zero

Cada acción ou peza de creación colectiva realizase nunha praza pública, coma a do Seixo.

Cada acción ou peza de creación colectiva realizase nunha praza pública, coma a do Seixo.

Fecha: 28 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O martes día 27 de decembro ás 12 do mediodía a Praza do Seixo, acolleu o acto "Mulleres en acción. Violencia Cero", organizado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Tomiño.

Mulleres en acción. Violencia Cero trátase dun proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na nosa sociedade.

Seleccionáronse 10 lugares no espazo público nas distintas cidades e pobos da provincia inmersos no programa: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Bueu e Caldas de Reis.
 
Carmela Silva quixo agradecer á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que non puido asistir ao acto por motivos de saúde, "por ser, ademais dunha muller líder que dirixe un proxecto político para esta vila, unha grande impulsora da igualdade". A concelleira de Cultura de Tomiño, Cristina Martínez, asegurou que "con este proxecto compartimos o goberno de Tomiño e a Deputación de Pontevedra a aspiración a unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, onde non atope lugar a discriminación de ningún tipo".

A Presidenta provincial lembrou algunhas das situacións que teñen que vivir as mulleres polo simple feito de ser mulleres, como "soportar os piropos aínda hoxe no século XXI, unha linguaxe que nos invisibiliza, os estereotipos dun único tipo de beleza que nos identifican ás mulleres unicamente polo noso corpo, como un obxecto; a publicidade que vende mulleres en lugar dos produtos", o que Carmela Silva definiu como "múltiples violencias machistas que teñen que ser superadas xa que unha sociedade non se pode chamar democrática, moderna, avanzada e decente se máis da metade da poboación ten que sufrir o que sufrimos nós".

Algunha das pezas serán puntuais (performance, teatro e danza) aínda que outras serán procesuais e poderían estenderse ao longo da xornada, sendo construídas polo público e un/unha artista. Co rexistro das pezas vivas (en vídeo e fotografía) e coas obras de creación colectiva, contémplanse realizar unha exposición colectiva ao remate do proxecto, dando continuidade ao mesmo e incorporando máis actividades.
 
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 27 de decembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Cada acción ou peza de creación colectiva realizase nunha praza pública, coma a do Seixo.
 

 
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí