Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A programación e robótica déronse cita na Feira do Emprego e Formación -Tecnoimaxín-

Contou nesta xornada cunha Feira Maker con exhibicións de robótica e varias charlas

Contou nesta xornada cunha Feira Maker con exhibicións de robótica e varias charlas

Fecha: 27 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu este venres a segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», que contou nesta xornada cunha Feira Maker con exhibicións de robótica e varias charlas.

Pola mañá realizouse a Feira Maker, onde os asistentes puideron coñecer todas as novidades sobre novas tecnoloxías e robótica da man de expertos do sector, grazas a conferencias e exhibicións, que contaron coas intervencións de Manuel Rodríguez, técnico de hardware de OPRobots e Alejandro Santos, técnico de Software de OPRobots.

A Conferencia de OPRObots estivo enfocada á robótica de competición, onde explicaron aos presentes como é o seu traballo e como aprenden día a día a facer cousas novas enfrontándose aos mellores enxeñeiros do país. OPRobots expuxo as súas creacións amosando como é o seu funcionamento, fomentando a creatividade e innovación a través dos robots de competición de carácter Velocistas (Robots autónomos que seguen unha liña tentando ser máis rápidos que os seus rivais), Humanoides (Robots teleoperados con forma humana que loita nun ring tentando derribar ao seu adversario), Laberinto (Robots autónomos que teñen que buscar a saída coa única axuda das paredes que os rodean) e Minisumo (Dous robots autónomos situados nun doyho, que deben xuntarse e pelexar para sacar ao seu rival do círculo). Estas exhibicións de robots espertaron moito interese por parte dos asistentes.

De seguido tivo lugar a realización dunha charla a cargo de Óscar Rodríguez, Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica, sobre «A disrupción laboral: unha verdade incómoda». Nesta charla Óscar trasmitiu aos presentes a visión holística, fundamentada na experiencia de LedissonAit como empresa tecnolóxica, sobre o que está a acontecer e sucederá proximamente no mundo laboral coa inminente entrada dos algorítmos, as Ias e a robótica nos entornos de traballo. Neste senso centrouse en como ser máis competitivo e empleable que un robot, potenciando habilidades que nos caracterizan como humanos que que son as máis buscadas hoxe en día nas empresas tecnolóxicas.

Trala pausa da comida, na quenda de tarde foron Emilia Simao e Samuel Barbosa, ámbolos dous profesores de multimedia e arte da Escola Superior Gallaecia, os que falaron sobre «Tecnoloxía vs Arte - Video 360º».
O vídeo 360/VR imponse na actualidade de xeito gradual nos medios de comunicación dixital, cunha gran promoción e aceptación nas plataformas de difusión de vídeos online e mesmo nas redes sociais, polo que os axentes tradicionais de publicidade e do cinema se actualizan para empregar unha experiencia próxima á realidade ofertando a realidade virtual. Nesta charla explicarase, dende o punto de vista técnico, como se forma a imaxe 360º/VR, coas cámaras e as aplicacións de software existentes na actualidade. Os participantes nesta interesante conferencia foron partícipes dunha gravación en 360º.

 

 

De seguido, Brais Currás e Mar Cortegoso, que veñen de participar nas escavacións arqueolóxicas da zona do Seixal, realizaron unha Conferencia/Exhibición sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico». O proxecto «Mar de Sal» parte do principio da transferencia científica como medio fundamental para sustentar o desenvolvemento patrimonial. Nesta comunicación fixeronn unha presentación do proxecto e do seus obxectivos, enfocados ao estudo e posta en valor das paisaxes do sal da antigüidade como un recurso patrimonial ao servizo da cidadanía e do desenvolvemento, económico, turístico e sociocultural. Igualmente trataron da capacidade de transferencia do estudo das salinas antigas e das novas oportunidades de negocio que pode crear.

A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» finaliza xa este sábado, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA TECNOIMAXÍN - CONCELLO DA GUARDA

 

SÁBADO 27 DE OUTUBRO

DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
Feira de empresas
11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
Conduce Susana Rodríguez
Coach e psicóloga social

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Contou nesta xornada cunha Feira Maker con exhibicións de robótica e varias charlas

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones