Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ALFOMBRAS FLORAIS DO SANTÍSIMO 2014 NA GUARDA

Os veciños de A Guarda traballaron durante toda a noite na confección das alfombras florais do Santísimo

Este ano o factor predominante foi a choiva, que a primeiras horas da mañá obrigaron a arranxar algunhas das alfombras florais das rúas con máis pendente, afectando en maior parte as confeccionadas con sal tinguida.

Fecha: 23 de Junio de 2014

Fuente: Infomiño.com

O municipio de A Guarda acolleu a pasada fin de semana as Festas do Santísimo e celebración do Corpus coa confección das tradicionais alfombras florais e a Procesión do Santísimo. Dende primeira hora da noite do sábado veciños das rúas e colaboradores comezan marcando o deseño das laboriosas alfombras, para proseguir coa confección das mesmas con flores e sal.

Os participantes neste laborioso e complicado traballo pasan toda a noite preparando este lucido velo de flores, pero é un traballo que xa se leva adiantando dende fai meses en numerosos baixos e bodegas familiares, coa preparación das flores, pétalos, palla e demáis compoñentes empregados na confección das mesmas.

Este ano a Praza do Reló e mailas rúas Ignacio Sobrino, Oliva, Hernán Cortes, José María Lomba Peña, Malteses e Concepción Arenal foron as rúas engalanadas cos tapices florais, ademáis na Ribeira destacou o deseño elaborado con sal tinguida de cores, que tamén se reproduxo noutra rúa cercana, aínda que as coivas de primeira hora da mañá desfixeron o traballo de toda unha noite.

Moitos veciños da comarca e visitantes achegáronse para coñecer a súa elaboración durante a noite e o seu elaborado resultado antes da Procesión do Santísimo, que dende as 12:30h do Domingo percorreu as rúas.

Este ano o factor predominante foi a choiva, que a primeiras horas da mañá obrigaron a arranxar algunhas das alfombras florais das rúas con máis pendente, afectando en maior parte as confeccionadas con sal tinguida.

Ás 12:00h comezaba a misa do Santísimo e sobre ás 12:30h a procesión, que saíu dende a Igrexa parroquial de A Guarda, chegaba ata a Praza do reló, momento no cal se bendeciron as bandeiras do Concello e se lanzaron flores dende as balconadas, soltando tamén algunhas pombas.

A procesión seguiu polas rúas nas que se confeccionaron as alfombras florais durante a pasada madrugada, realizando diferentes paradas nos altares ubicados no seu percorrido.

A procesión foi seguida por moitos visitantes e guardeses que se congregaron nas rúas da vila para ver pasar a procesión e algúns deles a seguiron desde as súas casas, lanzando flores dende os balcóns ó paso da procesión.

ELABORACIÓN E CONFECCIÓN

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

ALFOMBRAS REMATADAS

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Sara Carrera Coímbra

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones