Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - As asociacións da Guarda amosan o seu traballo

A Primeira Mostra asociativa celebrouse o pasado sábado no Centro Cultural de A Guarda

A Primeira Mostra asociativa celebrouse o pasado sábado no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 02 de Octubre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Concello da Guarda celebrou o pasado sábado día 30 de setembro a I Mostra Asociativa, un evento no que se pretendeu dar a coñecer o tecido asociativo a nivel cultural, deportivo, social e xuvenil que existe no noso pobo, aproximándoo á poboación.

Contando con 25 asociacións participantes, o encontro tivo lugar no exterior e interior do Centro Cultural entre as 10:30 e as 21:00 horas, onde se celebraron mostras instrumentais, obradoiros, charlas-coloquio, exhibicións e actuacións -entre outras actividades- coas que se amosaráou ao público o traballo que estas asociacións guardesas desenvolven durante todo o ano. Amais, contouse cunha zona expositiva, onde os visitantes puideron informarse e mesmo inscribirse nas actividades ofertadas por cada unha das organizacións.

Exhibicións e actuacións
O evento comezou ás 10:15 horas co pasarrúas a cargo de O Trebón dos Xidos e, deseguido, tomaron o testemuño as exhibicións deportivas, coas mostras do Ximnasio Domajó (11:00 h) e a Asociación Studio 88 (11:30 h). A Asociación Érguete Baixo Miño ofertarou unha charla-coloquio chegadas ás 12 h, namentres o Centro Deportivo Baixo Miño amosou cunha exhibición as actividades que oferta ás 12:30 horas.

Xa pola tarde, esta primeira edición da Mostra Asociativa continuou coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira (16:00 h), pertencente á Asociación O Percamino, e a exhibición de baile tradicional e moderno da Asociación Xamaraina (16:30 h).

A Asociación Do Lusco ao Fusco, pola súa parte, ofertou un obradoiro de baile tradicional ás 17 h, ao que seguíu a actuación da Asociación Folclórica Vento Mareiro (17:30 h).

O filme "Sonata para violonchelo", que se proxectou ás 18 h, foi a aposta da Asociación de Enfermos de Fibromialxia do Baixo Miño (Fibromiño) para achegar ao público parte da labor de apoio e información que esta organización desenvolve.

A tarde continuou coas actuacións do Grupo de corda Antorcha (19:30 h) e o Coro Arpegios Cantabile (20:00 h), namentres outras asociacións celebraron outras actividades durante o día; así, por exemplo, a Asociación Avelaíña celebrou diferentes obradoiros e a Cruz Vermella instalou a exposición "Familias acolledoras" para o seu desfrute durante a xornada.

Obxectivo da iniciativa
Esta primeira edición nace a raíz das reunións mantidas, durante os dous últimos anos, entre o Concello e as asociacións guardesas co obxectivo de fomentar a colaboración e a organización en común de eventos e outras iniciativas que poñan en valor o rico tecido asociativo co que orgullosamente conta a nosa vila.

Así, a I Mostra Asociativa servíu, por unha parte, como punto de encontro no que compartir experiencias entre as asociacións participantes e, igualmente, para amosar a toda a poboación as posibilidades dispoñibles na nosa contorna para realizar actividades, practicar deporte, compartir experiencias etc, convertendo o encontro nunha festa asociativa cargada de actividades diversas influindo na participación de todo aquel que se achegou ata a mostra.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  A Primeira Mostra asociativa celebrouse o pasado sábado no Centro Cultural de A Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones