Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Beti Rey homenaxeada na Guarda

A Agrupación Cultural Guardesa organizou este venres unha homenaxe a Beti Rey co gallo das Letras Galegas

No acto de homenaxe falou sobre Beti Rey Don José Font Moldes, director de Radio Tui, Julia Sobrino, Presidenta da A.G.C. e convidados que destacaron a súa labor.

Fecha: 02 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado venres día 1 de xuño de 2018 celebrouse no Salón de actos do Centro Cultural de A Guarda o acto de homenaxe a Beti Rey por parte da Agrupación Cultural Guardesa.

Despois da celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. do día 24 de abril de 2018, foi elexida Dona Beti Rey para ser homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas 2018.

Bety Rey é locutora de radio. Ten unha ampla experiencia profesional no eido da comunicación na radio, televisión, prensa escrita e dixital e redes sociais. Dende 1993 é locutora de radio na Radio Municipal de Tui. Participou na Televisión de Tui ao fronte do programa "Trisquel" e colaborou coa Televisión da Guarda na realización dalgún programa especial co gallo da celebración das Festas do Monte. Ao longo dos últimos vinte anos, ven colaborando en varios medios de prensa escrita e dixital. Nos últimos anos ten realizado a presentación de innumerables eventos tanto no Baixo Miño e Vigo como noutros puntos de Galicia. Dende hai máis de dez anos, forma parte do Gabinete de Comunicación do Concello de Tui e colaborou co Festival Internacional de Documentais Play-Doc. Foi responsable de prensa da Candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués promovida pola Asociación Ponte nas Ondas.

No acto de homenaxe falou sobre Beti Rey Don José Font Moldes, director de Radio Tui, Julia Sobrino, Presidenta da A.G.C. e convidados que destacaron a súa labor.

A A.C.G. entregou un libriño homenaxe aos asistentes ó acto de maneira gratuita.

Contouse coa actuación do Grupo de Pandeiretas da A.C.G., Cantaruxas e Merliños; dirixidos por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e coa actuación especial do Grupo de Cámara da Agrupación Musical da Guarda, dirixido por Víctor Alonso Treinta e José Antonio Soutelo Muñoz.

Ao finalizar o acto Beti Rey firmou os exemplares a todos os presentes.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  A Agrupación Cultural Guardesa organizou este venres unha homenaxe a Beti Rey co gallo das Letras Galegas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones