Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CICLOXÉNESIS EXPLOSIVA PETRA NA COSTA DE A GUARDA

O temporal deixou novamente imaxes impactantes na franxa litoral de Galicia

Fecha: 05 de Febrero de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

Galicia vive unha nova xornada de inestabilidade atmosférica baixo a forza da denominada cicloxénesis explosiva Petra, que dende primeiras horas de hoxe se deixou notar na franxa litoral.

Na Guarda a Policía Local cortou os accesos á zona portuaria e á Praia de Fedorento e Area Grande, onde a escuma fixo acto de presenza ocupando a estrada. O embate das ondas do mar é contínuo nos diques de abrigo do Porto de A Guarda, que xa resultaran afectados seriamente durante o temporal de principios de Xaneiro de 2014.

No Río Miño e coincidindo coa pleamar de primeiras horas do día, amplas zonas de ribeira quedaron completamente anegadas, como a Praia das Eiras no Rosal ou as marismas de Salcidos na Guarda. Esta pleamar afectou tamén ó cauce do Río Carballas-Tamuxe no Rosal e o cauce do Río Coura en Caminha-Portugal.

Na estrada PO-552 en Baiona, unha gran onda voltou a estragar o quitamedos quedando cortado un dos sentidos de circulación e anegando as zonas limítrofes ó rompeolas.

O paso de sucesivos temporais tamén se deixa notar na franxa costeira de Portugal, en Vila Praia de Ancora-Caminha, onde o embate continuado das ondas fixo que na zona dos Caldeirões o Río Ancora desague directamente ó mar nunha zona que estaba antes ocupada por un amplo sistema dunar, que resultou seriamente estragado.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea, Sara Carrera Coímbra e Victoria Vaquero.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones