Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CORES TOURÍS COMPROBA AS OBRAS DO PLAN MARCO NO CONCELLO DE OIA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou, acompañado polo alcalde da localidade, os traballos que se están a executar nos camiños de Vilariño, Viso e Copetino

O investimento total rolda os 44.000 euros

Fecha: 10 de Junio de 2014

Fuente: Infomiño.com


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras que se están a executar para a mellora varias estradas rurais do concello de Oia dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar en compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez.

Nesta visita estivo tamén acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, así como os representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

Trátase dos camiños de Vilariño e Viso na parroquia de Burgueira, así como do camiño de Copetino, na parroquia de Loureza.

En relación ao camiño de Vilariño, a lonxitude total de actuación é de 120 metros cun ancho medio de 5 no que se pretende levar a cabo, segundo apuntou Cores Tourís, a mellora do firme con aglomerado en quente. Ademais está previsto un ensanche de 85 metros de lonxitude e a mellora do drenaxe do camiño coa execución de cunetas de formigón triangulares ao longo de 195 metros.

No camiño do Viso a actuación será ao longo de 300 metros cun ancho medio de 3,20. As obras teñen como fin a mellora do firme e comprenden un varrido enerxético da superficie o aporte de aglomerado en quente.

Finalmente, en relación a camiño de Copetino ten unha lonxitude de 450 metros cun ancho de 3. Neste vial reforzarase o firme con algomerado en quente tras unha limpeza enerxética da superficie. Ademais, nun tramo de cen metros sanearase o firme con zahorra e material de subbase.

"O investimento total na mellora destes tres camiños rurais será de case 44.000 euros", matizou o delegado territorial, quen recordou que, no caso da comarca do Baixo Miño, estanse a investir, ao longo do presente ano, un total de case 300.000 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. "En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros", engadiu Cores Tourís.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Oia para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que "poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural".
Dende 2009 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello de Oia, o investimento en mellora de vías rurais roldou os 200.000 euros dende ese mesmo ano.
O alcalde da localidade aproveitou a visita do delegado territorial para solicitarlle tamén a colaboración da administración económica no abastecemento de auga a vivendas da parroquia de Pedornes, traballos nos que colaborarían ambas administracións.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones